займ срочно

Vedra presenta a iniciativa A Estación Cultural

0

Bisbarra, 8 de novembro do 2022 – O concello de Vedra presentou este luns a iniciativa A Estación Cultural que dotará de contido aos equipamentos da vella estación de ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla.

O acto contou coa presenza do Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; ademais dunha representación de agrupacións e asociacións culturais da zona e dos artistas que participarán na Estación Cultural, como Sheila Patricia ou Os da Porfía.

A Estación Cultural é unha das 14 propostas apoiadas pola Xunta de Galicia a través do fondo Territorio Cultura, que conta cunha dotación de 1,25 millóns de euros para impulsar iniciativas tanto públicas como privadas encamiñadas á dinamización de zonas non urbanas.

Tres eixes de traballo

A Estación Cultural articúlase en tres eixes. O primeiro será un laboratorio de ideas que busca unir ao tecido empresarial e asociativo coas institucións. Con proxectos concretos o laboratorio acompañará aos protagonistas desde o deseño ata a posta en marcha, asesorando e formando co obxectivo de xerar un impacto social e económico no concello. A intención é axudar no desenvolvemento do talento no ámbito cultural.

A segunda liña de traballo será a creación dun estudo de radio e podcast. O obxectivo e desenvolver unha ferramenta dinamizadora con gran capacidade de difusión. Un espazo no que os participantes aprendan sobre produción e poidan contar as súas experiencias de cada día.

A parte máis visible do proxecto será a denominada Cultura na Nave. Trátase dun ciclo de cinco festivais que se desenvolverán na nave da Estación ata o vindeiro mes de marzo. Cada un dos eventos xirará en torno a unha temática específica e contará con artistas locais, e outros recoñecidos a nivel galego, co fin de xerar un intercambio cultural.

Primeiros festivais na Estación Cultural

O primeiro de eses festivais leva o nome de Memoria e terá lugar os días 19 e 20 de novembro. Abrirase cunha mesa de experiencias sobre a memoria colectiva vedresa e dúas exposicións “Gundián, achegamento a unha paisaxe natural e humana” e “Coplas Ulláns”.

Un concerto das corais do concello, a continuación outro de Sheila Patricia e un magosto pecharán o primeiro día. A xornada do 20 dedicarase a unha ruta polo patrimonio oculto de Vedra.

Xa no mes de Nadal organizase o festival Tradición, os días tres e catro. A primeira xornada terá unha feira de artesanía, unha mesa de experiencia sobre tradicións locais, e un obradoiro de baile tradicional con Marcos Botana. Os concertos correran a cargo de Porembela, Os da Porfía e A Requinta da Laxeira rematando o día cunha foliada libre.

O día catro continuará a feira de artesanía, o espectáculo infantil “O mago Noel” e unha sesión vermú con A Gaita de Sarandón e o grupo de baile “Os Campiños”.

A Estación Cultural é un proxecto impulsado desde o concello de Vedra e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Ministerio de Cultura a través do Plan de Recuperación Transformación y Resilencia, a Unión Europea e o Xacobeo 21-22.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe en Vedra as instalacións da antiga estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla con motivo da presentación do novo proxecto A estación cultural, apoiado pola Xunta a través do programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural no rural. En concreto, a proposta do Concello vedrés é unha das 14 primeiras adxudicatarias deste fondo,

Dinamizador social

 Román Rodríguez destacou a aposta do Concello de Vedra por afianzar o papel da cultura como vehículo de dinamización social e económica, ademais de catalizadora da participación cidadá. “Vedra conta a partir de agora cun espazo de creación, produción e proxección chamado a representar un pulo extra para o tecido cultural local e a actuar como un novo axente para potenciar a oferta cultural do municipio e asentar as súas empresas”, sinalou o conselleiro, quen enmarcou esta liña de traballo nos obxectivos que a Xunta persegue co desenvolvemento de Territorio Cultura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies