Bisbarra, 27 de febreiro do 2023 – Vedra acolleu esta fin de semana a cita central das Xornadas Arredor da Camelia que chegaron á súa vixésimo sétima edición e que continuaran con distintas actividades ata mediados de marzo.
En esta ocasión o pregoeiro da Camelia foi o profesor, biólogo, escritor e especialista en esta planta Carlos Dacal. Tamén participou a Conselleira de Emprego e Igualdade María José Lorenzana; O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, e membros da corporación.
A Festa da Camelia tivo tamén en este 2023 un convidado especial. José Souza foi achegouse como representante do concello portugués de Celórico de Bastos, que organiza cada ano a feira de camelias máis importante do país veciño. Vedra comezou con esta invitación os trámites para un irmanamento coa vila lusa e na feira, o 18 de marzo, participará o alcalde vedrés.
A Festa contou coma sempre con traballos ornamentais das distintas parroquias e asociacións do concello. Postos de artesanía, unha demostración gastronómica con produtos realizados con camelia e música ao longo de toda a xornada.
Entre as actividades pendentes está unha interesante xornada de formación sobre os bonsai de camelia. Será o 11 de marzo de dez a unha da tarde no centro de emprendemento A Estación. Será impartido polo coleccionista e especialista padronés José Freire Cruces. Máis información no concello de Vedra, as prazas son gratuítas pero o aforo e limitado.
Por outra banda o 5 de marzo celebrarase, en colaboración co Club Ribadoulla Cicloescusa, a XII Ruta Cicloturista BTT da Camelia que discorrerá polo Val do Ulla. O Prazo de inscrición está aberto ata o 1 de marzo aquí.