Vedra, 19 de febreiro do 2020 – O concello de Vedra acolle esta fin de semana a vixésimo quinta edición das Xornadas arredor da Camelia na estación de ferrocarril de Santa Cruz de Rivadulla.
O evento esta organizado polo propio concello, o GDR Terras de Compostela, a Asociación de amigos da Camelia, a Sociedade Española da Camelia, Camelia de Galicia, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.
Actividades ao longo de toda a xornada
A inauguración terá lugar á unha da tarde co recoñecemento as entidades colaboradoras coas Xornadas ao longo dos últimos 25 anos. A continuación farase entrega dos agasallos aos participantes nas mostras de flor e ornamentación.
A música chegará a iso das 13:30 coa actuación da Escola de Música de Santa Cruz de Rivadulla para rematar a xornada matinal cun viño galego que se servirá as dúas da tarde.
Un serán para disfrutar
Ao longo da xornada, de 12:30 a 14:30 e de 16:30 a 19:00, os asistentes poderán coñecer un pouco máis a Camelia no túnel “A Camelia cos cinco sentidos” pero non será a única actividade de ocio.
Un obradoiro infantil de creación floral con Camelias, un pasacalles a cargo dos requinteiros da Gaita de Sarandón, a entrega de premios do vixésimo concurso infantil de debuxo ou a peza Os romeiros de caracol do grupo Fantoches Baj son as citas ao longo de toda a tarde en Santa Cruz de Rivadulla, na estación de ferrocarril.
O fin de festa ideal o porán, como corresponde en tempo de Entroido, os atranques dos rapaces da Escola de Xenerais e Correos posta en marcha polo Concello de Vedra.
Será un domingo intenso para conmemorar 25 anos disfrutando e poñendo en valor a Camelia de Vedra.
