займ срочно

Piden que variante do Camiño de Santiago por Touro sexa oficial

0

Touro, 1 de abril do 2022 – O Movemento Veciñal de Touro pide que se faga oficial a variante do Camiño de Santiago que discorre polo concello.

O colectivo lembra que o ICOMOS, Consello Internacional de Monumentos e sitios que depende da UNESCO, defendeu a importancia de esta variante do Camiño Francés. O organismo elaborou no 2018 un informe sobre a situación do Camiño de Santiago no marco da súa denominación como Patrimonio da Humanidade no que falaba de este trazado.

Un Camiño esquecido

O Movemento Veciñal de Touro leva traballando para preservar a ruta desde que se publicara o informe mencionado. Denuncian que as súas peticións “sempre bateron coa posición do Goberno de Touro que, encabezado por Codesido, non semella ter interese en que o Camiño de Santiago deixe a súa pegada no territorio e vida económica do municipio”.

Ao longo dos últimos anos o Movemento Veciñal pediu nos plenos a inclusión do trazado do Camiño no PXOM e a protección do mesmo como Ben de Interese Cultural (BIC). Ao mesmo tempo demandaron a tramitación para o recoñecemento da variante histórica como tramo oficial do Camiño Francés.

A única petición apoiada desde o grupo de goberno foi a contratación dun estudo técnico. O grupo explica que dito estudo foi executado polo goberno “sen o máis mínimo rigor, pola vía da baixa económica no custo de contratación, e que se traduciu nun traballo absolutamente deficiente e na falla de conclusión algunha sobre a situación do trazado, basicamente outro regalo de diñeiro público en forma de contrato menor”.

No Pleno celebrado o venres 18 de Marzo, o Grupo Veciñal conseguiu o apoio dos demais membros da corporación para que o Concello de Touro encargue a elaboración dun estudo interdisciplinar que permita clarificar o itinerario exacto do Tramo Histórico do Camiño de Santiago ó seu paso de Arzúa a Arca por Beseño e Quión, e dar cumprimento ás demandas de ICOMOS de recuperalo física e funcionalmente como vía de peregrinación a Compostela.

O Movemento Veciñal de Touro “agarda que desta vez o goberno municipal non lle dé as costas ó  informe do organismo asesor da UNESCO e ó Camiño de Santiago, e traballe con seriedade para que Touro forme parte  dun dos principais motores económicos, sociais e culturais de Galicia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies