Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda
  • Xeral

Vandalizan o Mosteiro de Carboeiro en Silleda

O concello de Silleda comunicou os danos a Patrimonio. A inscrición fundacional do Mosteiro de Carboeiro foi a parte máis afectada.

silleda vandalismo carboeiro 7 abril 2026 (1)

Silleda, 7/04/2026 – O Concello de Silleda vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural os danos detectados na inscrición fundacional situada na parte exterior da cripta do Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro.

Trátase dun elemento de grande valor histórico e patrimonial integrado no conxunto monumental de Carboeiro. Segundo a información do persoal que atende o cenobio, os feitos foron advertidos a finais da pasada semana, observándose sobre a superficie pétrea marcas e remarcados realizados con material brando de cor alaranxada, así como debuxos alleos ao ben, que alteran a súa lectura e afectan negativamente á percepción deste elemento epigráfico medieval.

Na comunicación remitida á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o Concello solicita que se xire visita de inspección técnica ao mosteiro co fin de avaliar o alcance dos danos e determinar o protocolo de limpeza, conservación ou restauración máis acaído, de xeito que se poidan eliminar estas marcas sen comprometer nin a integridade do soporte pétreo nin a lexibilidade da inscrición.

Ao mesmo tempo, dende o Concello de Silleda aproveitouse este escrito para reiterar a necesidade de actuar no muro oeste do claustro, unha zona que continúa valada e con acceso restrinxido por razóns de seguridade, á espera da reparación necesaria.

O goberno municipal lembra que xa advertira con anterioridade -e de forma reiterada, dende 2018, da evolución desfavorable deste punto, no que se aprecia desprazamento e inclinación estrutural, circunstancia que obrigou no seu día a adoptar medidas preventivas de peche e delimitación da contorna afectada.

Chamamento á cidadanía

Dende o Concello faise tamén un chamamento á cidadanía e ás persoas visitantes para extremar o respecto e o coidado do patrimonio histórico, especialmente nun enclave tan simbólico e singular como o Mosteiro de Carboeiro, que nos últimos tempos rexistrou un notable aumento de afluencia coincidindo con xornadas festivas (na ponte de marzo accederon máis de 400 persoas) e a chegada do bo tempo.

Neste sentido, incídese en que a conservación deste legado é unha responsabilidade compartida, que require da colaboración de todas e todos para garantir que este espazo, un dos grandes referentes do patrimonio do interior de Galicia, poida ser gozado e coñecido polas xeracións vindeiras.

O Concello de Silleda lamenta profundamente estes feitos e confía en que dende a administración competente se actúe coa maior celeridade posible, tanto para avaliar e reparar os danos causados na inscrición fundacional como para avanzar na intervención pendente no muro oeste do claustro, co obxectivo de preservar en condicións óptimas un monumento de extraordinario valor histórico, cultural e turístico.

Post navigation

Previous: A Deputación destina máis de medio millón  de euros a igualdade
Next: Obradoiro de iniciación ao Haiku

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.