Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

Descoñecidoas accederon pola forza á Casa da Mina na última fin de semana

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

Sanmta Comba – 2/09/2026 – O Concello de Santa Comba condena os actos vandálicos sufridos na Casa da Mina na pa sada fin de semana. Uns descoñecidos accederon pola forza ao edificio municipal, causando danos en portas, ventás e material destinado ao futuro Museo Mineiro.

Os asaltantes subtraeron fotografías antigas, un mini proxector, unha pedra de wolframio e unha casaca de vixilante da mina. Algunhas destas pezas foran doadas por particulares para contribuír á recuperación e conservación da memoria mineira de Santa Comba. Ademais, os autores destrozaron un maniquí e unha tubaxe metálica.

Na Casa da Mina o concello de Santa Comba está a desenvolver un proxecto de recuperación e divulgación da historia mineira de Varilongo. Os descoñecidos accederon pola forza, causando desperfectos en portas e varias ventás. No interior, os danos afectaron especialmente á zona destinada ao futuro Museo Mineiro.

Máis alá do valor económico dos danos, desde o Concello sublíñase o impacto que estes feitos supoñen para un proxecto no que se leva investido moito tempo de estudo, investigación e pesquisas históricas arredor da Mina de Varilongo.

A iniciativa xa comezou, ademais, a achegar este patrimonio á sociedade a través das actividades divulgativas e visitas á Casa da Mina, nas que participan visitantes e escolares interesados en coñecer unha parte relevante da historia do municipio.

O Concello destaca tamén a implicación das persoas que colaboraron desinteresadamente co proxecto, algunhas delas cedendo obxectos da súa propiedade para contribuír á conservación e divulgación deste legado.

O alcalde, Alberto Romar, expresa a súa “máis rotunda repulsa” e confirma que os feitos xa foron postos en coñecemento da Policía Local e da Garda Civil

Alberto Romar: “É un ataque ao traballo e á ilusión de moitas persoas”

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, expresa a súa “máis rotunda repulsa” ante uns feitos que cualifica como un acto de vandalismo e incivismo contra o patrimonio e a historia do municipio.

“Non estamos só ante os danos materiais ou a subtracción duns obxectos. É un ataque ao traballo e á ilusión de moitas persoas que levan tempo contribuíndo a recuperar e compartir a historia da Mina de Varilongo”, sinala o rexedor.

O Concello deixa claro que este incidente non freará o proxecto do Museo Mineiro nin os traballos para recuperar e divulgar a historia de Varilongo. A iniciativa continuará avanzando coa investigación, recuperación e divulgación do patrimonio mineiro, co obxectivo de conservar esta parte da memoria de Santa Comba e facela accesible tanto á veciñanza como ás persoas que visiten o municipio.

“Este revés non vai facer que paremos. O noso compromiso coa recuperación da memoria de Varilongo segue intacto e imos continuar traballando para que o Museo Mineiro sexa unha realidade”, afirma Alberto Romar. O Concello considera que continuar desenvolvendo o proxecto e achegando este patrimonio á sociedade é a mellor resposta ante o sucedido, mantendo o traballo iniciado para que a Mina de Varilongo ocupe o lugar que merece na memoria e no patrimonio de Santa Comba.

Post navigation

Previous: “Transformando en Brión” convoca un curso de formación
Next: Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.