Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Valle-Inclán volve ao Casino

Imaxe de Valle-Inclán diante do Casino de Santiago

Compostela, 14/04/2026 – O Café Casino de Santiago acolle hoxe, ás 12:00 horas, o acto de inauguración dunha escultura dedicada a Ramón María del Valle-Inclán. A peza foi realizada por alumnado das especialidades de escultura e modelado da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo da cidade, e quedará colocada de xeito permanente no histórico café compostelán. 

Durante a inauguración darase a coñecer o proceso creativo da obra, un busto de Valle-Inclán, desenvolvido no ámbito docente deste centro. Un traballo que pon en valor o traballo transversal do alumnado implicado, que investigou sobre a anatomía do rostro e explorou diferentes técnicas de esmaltado e policromía ata rematar a peza, coa supervisión do profesorado.

Ramón del Valle-Inclán foi un visitante asiduo do Casino de Santiago, lugar de encontro, conversa e inspiración na súa vida compostelá. Por iso, esta escultura rende homenaxe á súa vinculación coa institución e á pegada literaria e cultural que deixou para sempre na cidade de Santiago.

Ao acto, que será conducido polo xestor cultural e investigador, Fernando Franjo, está prevista a asistencia do director do centro, Juan Adrio; os profesores Óscar Aldonza e Miguel Ángel Vigo, e autoridades locais e académicas da cidade, así como o guía e actor Suso Martínez, un dos protagonistas das visitas teatralizadas que se desenvolven no Café Casino baixo o título Café Comentado.

Post navigation

Previous: Segue o debate sobre a planta de reciclaxe de residuos de obra en Teo
Next: Novo éxito da Festa do Viño da Ulla

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.