Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Cacerolada en contra do proxecto de vertedoiro de Niveiro en Val do Dubra

val do dubra cacerolada por niveiro SLIDE 10 abril 2025

Concello e veciñanza convocan a unha protesta este sábado día 12 en contra do proxecto de rehabilitación, peche e abandono da canteira Pedra Facha no que situaría o vertedoiro de Niveiro.

A nova publicación sobre o proxecto de rehabilitación, peche e abandono da canteira Pedra Facha na que se pretende desenvolver o vertedoiro de Niveiro leva á Plataforma veciñal a convocar unha cacerolada.

O pasado venres 28 de marzo a Xunta publicou , a instancias da promotora do proxecto, o proxecto do vertedoiro e dou un prazo de 30 días para presentar alegacións. É a terceira vez que o proxecto sométese a exposición pública.

Dende o Concello, a Asociación e os respectivos técnicos, e avogados constatouse que se trata dos mesmos proxectos que se viñan revisando; este novo aprazamento conta cun texto exactamente semellante aos anteriores.

A plataforma de Niveiro e o Concello de Val do Dubra consideran fundamental contar coa participación activa dos cidadáns e seguir coas alegacións. Animan a aqueles que aínda non entregaron a “persoación como interesad@“ a facelo.

Se precisas axuda para presentar a túa alegación, a Asociación Medioambiental de Niveiro facilita modelos e asesoramento. Para ese contacto facilitan o enderezo electrónico ricardo.riveiro@niveiro.com  e o teléfono de contacto: 614 217 712.

A Plataforma explica que para levar a cabo a denuncia pública deste procedemento “pouco transparente”, convócase unha Concentración/Cacerolada que se realizará diante do Concello de Val do Dubra o próximo sábado, 12 de abril, ás 20:00 horas.

A iniciativa busca dar voz á preocupación veciñal e garantir que as comunidades seguen implicadas no proceso de decisións que afectan o noso entorno.

Post navigation

Previous: As oposicións quéixanse
Next: O Concello de Boqueixón denuncia na Garda Civil o hackeo de dous teléfonos móbiles

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.