Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Val do Dubra segue coas protestas contra o vertedoiro de Niveiro

val-do-dubra-tractorada-slide-5-agosto-2024-(3)_r

Bisbarra, 6 de agosto do 2024 – Concello e veciñanza de Val do Dubra buscan solucións xurídicas ao vertedoiro de Niveiro mentres continúan coas protestas.

Unha tractorada en contra do vertedoiro tivo lugar hai uns días polas rúas de Bembibre. En Val do Dubra continúan en activo 133 explotacións gandeiras, cun censo de 5.387 cabezas de gando bovino, un dato que reflicte a importancia histórica deste sector no concello, especialmente no sector lácteo.

Dende a Asociación Medioambiental de Niveiro expoñen unha vez máis que non poden “permitir que este sen sentido de proxecto remate coa vida e o futuro dos nosos fillos”.

Un proxecto foi autorizado para a apertura dun vertedoiro de residuos a ceo aberto a menos dun quilómetro das vivendas e das explotacións gandeiras “non pode ter un informe Mediombiental favorable. Instamos á Xunta de Galicia a manifestarse e a dar transparencia á situación ”.

Desde o Concello de Val do Dubra manifestan o seu apoio á plataforma e afirman “seguir buscando solucións en conxunto para que o proxecto non siga adiante porque suporá un gravísimo problema medioambiental na zona ademais da problemática particular dos dubreses e dubresas”. A manifestación foi seguida por centos de persoas e un gran número de tractores que saíron a rúa para dicir, unha vez máis, “Vertedoiro non!”

Post navigation

Previous: O Clínico terá aparcadoiro e a contorna melloras
Next: Teo destinará 200.000 euros ao arranxo de varias rúas dos Tilos

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.