O Departamento de Cultura de Val do Dubra organiza a II Ruada cunha homenaxe especial a José Manuel Iglesias Pensado, Chiño,

A música e a tradición xúntase na segunda edición da Rúada que organiza o Departamento de Cultura de Val do Dubra. Este ano cunha homenaxe especial a José Manuel Iglesias Pensado, Chiño,
Chiño foi parte fundamental da “Tocadoras do Val do Dubra”. Dedicou toda a súa vida a recoller e preservar a música e o baile das cantareiras contribuíndo a preservar a memoria e a identidade de Val do Dubra.
A II Ruada Val do Dubra terá lugar o vindeiro venres día 11 a partir das oito da tarde, na Área Recreativa de Bembibre. A homenaxe a Chiño é o centro da celebración e foi descrita como “un intre para lembrar e celebrar”.
O evento contará cunha ampla programación na que participan Lupe Blanco e Suso de Xornes enchendo a tarde coas súas regueifas.
Actuacións musicais de Tres Pesos, Catuxa Salom e A Banda da Balbina. E como peche da festa, unha foliada libre para que todo o público poida participar.
Esta segunda edición da Ruada pretende consolidarse como unha cita anual de referencia no calendario cultural do municipio, promovendo a cultura tradicional galega nun ambiente de convivencia e festa.
A actividade está organizada polo Departamento de Cultura do Concello de Val do Dubra e conta coa colaboración da Deputación da Coruña dentro do programa “A Cultura é un Dereito”.
