Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Val do Dubra busca melloras para Portomouro

VAL DO DUBRA REUNION SLIDE 3 ABRIL 2025

O alcalde, Diego Luis Díaz, e o tenente alcalde, Antonio Negreira, mantiveron unha reunión de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez.

As infraestruturas foron o tema central que mantiveron o alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, e o tenente alcalde, Antonio Negreira, coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez, e con Pablo Blanco, enxeñeiro técnico de Estudio Técnico Gallego.

Na reunión, o Concello de Val do Dubra solicitou unha intervención no núcleo de Portomouro para mellorar a seguridade viaria na estrada AC-455. O Concello comprometeuse a elaborar unha memoria técnica que avalíe as actuacións necesarias para incrementar a seguridade nesta vía.

Por outra banda presentaron un proxecto a medio prazo para buscar unha alternativa ao tráfico pesado que circula pola zona, especialmente o que conecta Carballo e Santa Comba con Santiago e que se ve obrigado a cruzar polo núcleo de Portomouro.

Segundo os datos de 2022, máis de 6.000 vehículos atravesan diariamente Portomouro, o que fai necesario abordar unha solución para minimizar o impacto na seguridade e na calidade de vida da veciñanza.

Outro dos temas prioritarios da reunión foi a mellora da ponte de Portomouro. Desde o Concello solicitouse á Consellería de Infraestruturas unha revisión estrutural, así como actuacións de limpeza, mantemento e conservación para garantir a súa seguridade a longo prazo.

Este encontro supón un primeiro paso para avanzar en melloras nas infraestruturas clave para Val do Dubra. O concello continuará traballando para que estas demandas se convertan en proxectos concretos nos próximos meses.

O alcalde, Diego Luís Díaz, valora esta reunión dun xeito positivo e agarda que “a Consellería de Infraestruturas poida atender estas propostas que son necesarias para Val do Dubra e tamén para a súa contorna; dada a alta afluencia de vehículos que transcorren por estas vías que son de  titularidade da Xunta de Galicia e que nos conectan desde a Costa da Morte ata a capitalidade galega” así, fala da necesidade de atender ás máis urxentes e ter en conta outras “en estudos a medio prazo”.

O tenente alcalde, Antonio Negreira, reitera que se trata “dunha necesidade urxente, que implica varios concellos da contorna polo que agardamos sexa recollido nun proxecto de colaboración que garanta de forma segura e rápida a mellor desta zona”.

Post navigation

Previous: Charlas de saúde en Frades
Next: Boqueixón destina máis de 1,8 millóns de euros ao SAF

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.