Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Nadal en Val do Dubra

Val-do-Dubra-Nadal-2017-slide_r

Bisbarra, 20 de decembro do 2024 – Sumamos a programación de Nadal de outro concello, Val do Dubra, que comezará esta mesma fin de semana coincidindo co clásico sorteo da lotería.

Concello de Val do Dubra

Este domingo 22 de decembro comeza a programación de Val do Dubra cunha Festa de Nadal. Iniciase cun pasarrúas co espectáculo musical Trashumancia Sonora e a visita de Papá Noel. A saída terá lugar ás 17.00 horas desde o concello ata o pavillón municipal, onde haberá inchables, chocolate quente e rosca. Ademais haberá un mercado de Nadal desde as cinco da tarde.

O luns 23 é o momento dos Contacontos e a música con Pablo Díaz. Indicado para nenos e nenas de 0 a 4 anos, dentro do programa Apego. Será na Casa da Cultura ás 18.00 horas.

Os inocentes, e os que non o son, poderán poñer a pensar as súas cacholas o día 28. Val do Dubra organiza un Torneo de Xadrez na Casa da Cultura desde as 17.00 horas.

Remata o ano e o día 31 celébrase a clásica Carreira San Silvestre con saída do Campo da Feira, ás 12.00 horas. Non é precisa inscrición.

Xa no 2025, o 4 de xaneiro, a Agrupación deportiva Dubratambre organiza un Torneo Tenis de mesa no CPI Bembibre, a partir das 16.00 horas. Oara inbscribirse hai que chamar ao  689 549 385 ou tamén no propio día previo inicio. Unha competición para todas as idades e categorías.

Por suposto o 5 de xaneiro terá lugar a Cabalgata de Reis.  A tradicional cabalgata partirá ás 17.00 horas desde o Campo da Feira e rematará no pavillón municipal, onde se ofrecerán inchables, chocolate quente e rosca.

Ademais, para facilitar a conciliación das familias durante as festas, o concello organiza o Campamento Concilia, que terá lugar nas seguintes datas: 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2024, e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025. O horario será de 7.30 a 16.00 horas na Casa da Cultura.

Post navigation

Previous: A seguinte estación de Castelao
Next: Compostela salda débedas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.