Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Val do Dubra ten dez días máis para alegar contra o proxecto de vertedoiro en Niveiro

val-do-dubra-tractorada-slide-5-agosto-2024-(3)_r

O Servizo de Minas da Xunta de Galicia ampliou o prazo para presentar alegacións ao vertedoiro de Niveiro ao detectar, no último día de exposición pública, un erro na web.

A veciñanza e institucións de Val do Dubra teñen dez días máis para presentar alegacións ao proxecto de rehabilitación, peche e abandono da canteira de Niveiro que reconverterá o espazo nun vertedoiro.

A decisión tomouse despois de que a Asociación Medioambiental de Niveiro detectara un erro na páxina web oficial, onde o documento desapareceu antes de tempo o último día do período de exposición pública.

Tras detectar isto, tanto a Asociación Medioambiental de Niveiro como o Concello de Val do Dubra presentaron reclamacións ante a Sección de Minas pola retirada prematura do anuncio do proxecto no portal de transparencia da Xunta, nesa mesma data.

 Estas reclamacións levaron ao Servizo de Minas da Xunta á ampliación en 10 días do prazo para presentar alegacións ao proxecto de rehabilitación, peche e abandono da canteira de Niveiro, promovido por Francisco Gómez y Cia, S.L.

Este novo prazo estenderase ata o vindeiro día 24 de marzo, polo que, aquelas persoas que aínda non tivesen presentado as súas alegacións poden facelo antes desta data.

Para facilitar o proceso, a Asociación Medioambiental de Niveiro ofrece modelos de alegacións para asinar, ademais de asesoramento sobre os pasos a seguir. As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa asociación para recibir toda a información necesaria a través do enderezo electrónico ricardo.riveiro@niveiro.com ou do teléfono 614 217 712.

Tamén informan que a Xunta está enviando notificacións solicitando información adicional e requirimentos de información cun prazo de presentación. Se alguén precisa axuda para confeccionar a resposta ou mesmo para entender qué é o que están a solicitar, poden acudir ao Concello ou poñerse en contacto coas Asociación Medioambiental de Niveiro.

Post navigation

Previous: Novo proxecto eólico paralizado cautelarmente polo TSXG
Next: O ex alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, podería será xulgado por malversación de caudais públicos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.