Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Val do Dubra
  • Xeral

O Parlamento non consegue despexar as dúbidas sobre o parque eólico de Vilartoxo

A comisión parlamentaria sobre o parque eólico de Vilartoxo non acaba de responder ás preguntas socialistas sobre o proxecto.
ordes-oposicion-parque-eolico-slide-10-abril-2018_r

Bisbarra, 20 de marzo do 2023 – A pregunta sobre o proxecto de parque eólico Vilartoxo,  levada a comisión parlamentaria polo PSdeG Psoe, segue se convencer á veciñanza de Val do Dubra e A Baña, concellos afectados.

O Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, aseguro que o proxecto conta con todos os informes favorables. Vila engadiu  que ademais a aprobación da declaración de impacto ambiental, DIA, para Vilartoxo implica que se tomen unha serie de medidas.

A pregunta foi presentada despois de que as alegacións da veciñanza non foran tidas en conta. A socialista Noa Díaz acusou á Xunta de Galicia de agochar o expediente e deixou unha serie de cuestións pendentes de aclarar. Díaz lembrou na súa intervención que a Xunta modificou a distancia á que deben colocarse os parques eólicos e que o proxecto Vilartoxo foi modificado tras estes cambios polo que a DIA inicial podería non servir

A socialista preguntábase tamén porque o parque de Barrosindo, no concello da Baña e limítrofe co de Vilartoxo, non conseguira a DIA favorable e este si. Lembrou que a cen metros de xacementos arqueolóxicos colocaranse aeroxeradores e rematou emprazando ao Director Xeral a darlles o expediente completo si realmente existe transparencia na tramitación

O Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, comezou dicindo que a Xunta non pode aplicar as normas con efectos retroactivos. Unhas palabras interrompidas por Noa Díaz que aludía a que de ser así a DIA que se aplicaba era a prevista para o proxecto inicial e non para o refundido que era posterior

Fernández Vila continuou dando datos sobre o número de proxectos con declaración ambiental negativa. Para o Director Xeral que haxa proxecto con DIA negativa quere dicir que os que a teñen positiva compren cos requisitos

No resto da intervención Pablo Fernández Vila non aclarou nada máis e limitouse a dicir que si o proxecto fora tramitado polo goberno central non habería nin período de alegacións. Quedou no aire a dúbida sobre a necesidade dunha nova DIA si o proxecto foi modificado ou porque non se considera que existe un fraccionamento cando a proximidade dos proxectos é evidente.

Os socialistas seguen ademais denunciando que, pese a ser obrigatorio por lei, non reciben os expedientes completos para poder analizalos. Sobre este particular, e a invitación de Noa Díaz a que remitira o proxecto de inmediato, Pablo Fernández Vila limitouse a dicir que sempre que se solicitou información foi suministrada.  

Post navigation

Previous: Rois aproba a conta xeral de 2021
Next: Club de debate Compostela, xerando espírito crítico

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.