Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Val do Dubra contrata obras por máis de medio millón de euros

val do dubra obras 3 setembro 2025

O concello de Val do Dubra entrará nas próximas semanas nunha intensa actividade co inicio de obras de distinto tipo.

Pleno no que se aprobaron as distintas obras

O Concello de Val do Dubra ven de contratar un paquete de obras que supoñen un investimento total de 574.675,87 euros e que se executarán ao longo das próximas semanas.

Trátanse de actuacións moi diversas, tanto en mellora viaria como en abastecemento e servizos, co obxectivo de mellorar as infraestruturas municipais e a calidade de vida.

As principais actuacións que se levarán a cabo en Val do Dubra son  o reforzo do firme no viario de Erviñou a Abelenda por 124.420 €; a mellora do acceso ao CEIP de Portomouro e senda na rúa Freán por 51.576,56 €; a mellora do viario de Portomedal e outros por 108.420,01 €; a mellora viaria de Pedragosa a Barral por Algalia e outro cun custo de 121.483,38 €; a ampliación do abastecemento a Gontar por 56.890,11 €; melloras no aparcadoiro de Bembibre por 36.395,95 €; abastecemento en Buiro por  41.739,86 €; a obra no paso en A Tilleira por 17.750 € e a mellora viaria en Arnexo e outros por 16.000 €.

O alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, salientou a capacidade de xestión da administración, que está a licitar obras a un bo ritmo. De feito xa está licitada a totalidade das actuacións incluídas no Plan de Obras 2024 e a piques de iniciar a tramitación das correspondentes a este exercicio.

Díaz indica ademais que estas intervencións “darán resposta a necesidades demandadas pola veciñanza nas distintas parroquias e permitirán mellorar a rede de infraestruturas locais, tanto no ámbito das comunicacións como no do abastecemento”.

Pola súa parte o o tenente de alcalde e responsable da área de Obras, Antonio. Negreira, indicou que se trata do maior investimento realizado en infraestruturas municipais nos últimos anos. “É unha clara aposta polo rural, xa que estas actuacións van permitir mellorar de maneira considerable o acceso aos núcleos rurais do Concello. Ademais, contribuirán a incrementar a calidade de vida da veciñanza e a facer das nosas aldeas un lugar máis atractivo, tanto para captar nova poboación como para animar aos actuais propietarios de vivendas a acometer obras de mellora e rehabilitación, cada vez máis demandadas na actualidade”, sinalou.

O Concello prevé que as obras dean comezo de xeito inmediato e estarán coordinadas para minimizar as molestias ao tráfico e aos residentes durante a súa execución.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Holanola Fest, a conexión con Nova Orleans
Next: Ryanair voou

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.