Bisbarra, 1 de decembro do 2024 – A Asociación Medioambiental de Niveiro, co apoio do concello de Val do Dubra, volveu a manifestarse en contra do vertedoiro e colocou unha pancarta xigante co lema “Vertedoiro Niveiro NON”
O vertedoiro de Niveiro é unha pretensión que unha empresa privada quere levar a cabo na antiga canteira de Pedra Facha. Tratarríase dun vertedoiro de residuos a ceo aberto, autorizado como parte da restauración do lugar.
Segundo a veciñanza, e os membros da asociación, este proxecto é un “sen sentido que afectará gravemente tanto ó medioambiente como a saúde das persoas”. A protesta é unha nova reivindicación dentro das moitas actividades que esta Asociación está levando a cabo.
Este sábado fíxose tamén un acto especial onde a veciñanza asistíu á colocación dunha faixa xigante no centro da vila, onde se pode ler “Vertedoiro Niveiro Non” que os mesmos quixeron colgar como símbolo de rexeitamento ao proxecto e bandeira da súa loita.
A Asociación Medioambiental de Niveiro e a Plataforma Niveiro Veciños veñen de manifestar que non pararán as protestas ata ter certeza de que este proxecto está paralizado.