Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Val do Dubra homenaxeou aos que traballaron na pandemia

Val do Dubra colocou un pequeno monólito xunto ao centro de saúde coma homenaxe a todos os que colaboraron a superar a pandemia.
ValdoDubra-homenaxe-pandemia-slide-normal-26-xullo-2023_r

Bisbarra, 26 de xullo do 2023 – O concello de Val do Dubra colocou un pequeno monólito xunto ao centro de saúde coma homenaxe a todos os que colaboraron a superar a pandemia.

No acto participou o Ministro de Sanidade, José Miñones, que trasladou o agradecemento do Goberno e de toda a sociedade española “aos miles e miles de persoas” que deron o mellor de si mesmas “para salvarnos”, facendo fronte á pandemia

Miñones destacou esta iniciativa do Concello de Val do Dubra e animou a outros municipios a seguir o seu exemplo. Enxalzou ademais o traballo que desenvolveron todos os profesionais dos servizos sanitarios, desde o persoal médico, pasando polo de Enfermaría, auxiliares, do transporte sanitario, farmacias, laboratorios ou o persoal de limpeza e cociñas, entre outros.

O ministro de Sanidade visitou previamente o concello de Val do Dubra, onde foi recibido polo seu alcalde, Diego Luís Díaz, e o primeiro tenente de alcalde, Antonio Negreira. Ali asinou no Libro de Honra da localidade. No acto de homenaxe tamén participou a xerente do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Estrela López-Pardo; e representantes do Centro de Saúde Bembibre de Val do Dubra.

José Miñones destacou tamén o “titánico esforzo colectivo” realizado pola sociedade española para conter a pandemia e as súas consecuencias socioeconómicas, e tivo palabras de recordo para todas as persoas que faleceron a causa do virus.

Post navigation

Previous: Alba de Compostela espertou o sentimento de cidade
Next: A feira do vestir, o Día do Traxe e o TradFest pecharán o Apóstolo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.