Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Val do Dubra
  • Xeral

Val do Dubra prepárase para as feiras do Abril

As feiras do abril inclúen artesanía, gando, obradoiros, humor, música e gastronomíanun extenso programa de actividades

Val do dubra preparase para as feiras do abril

Val do Dubra, 23/03/2026 – Val do Dubra volverá converterse nun punto de encontro co rural nunha nova edición das Feiras do Abril. Unha cita que terá lugar os días 4, 5 e 6 de abril no espazo público de San Lourenzo de Bembibre.

 Esta festa, xa consolidada no calendario local, reunirá durante tres xornadas unha completa programación que combina tradición, divulgación e lecer para todos os públicos. Ao longo de toda a fin de semana, en horario de 10:00 a 20:00 horas, desenvolveranse propostas como o mercado de artesanía, a exhibición de maquinaria agrícola, xogos tradicionais e servizo de polbeira.

O sábado 4 terá lugar a inauguración oficial ás 12:00 horas, acompañada dunha actuación de regueifa. A xornada continuará cunha degustación de produtos locais ás 13:00 horas e diversas actividades ao longo da tarde, entre elas o obradoiro de estampaxe de panos tradicionais (16:00–20:00 h), a charla sobre horta sostible a cargo de Nuska Chousa (17:00 h), o monólogo de Isi (18:30 h) e a sesión musical con Grupo Claxxon e Disco Móbil CDC (20:00 h).

O domingo 5 estará marcado pola exposición de gando, que se desenvolverá entre as 10:00 e as 14:00 horas, así como pola continuidade dos obradoiros de artesanía (10:00–19:00 h), as xornadas de tiro ao arco (11:00–17:00 h) e a demostración de cestería con Sara Viña (11:00 h).

De forma paralela, durante as feiras haberá outras actividades como a ruta cabalar (11:30 h), un simulacro de Protección Civil (12:00 h), o obradoiro de extinción de incendios para a rapazada da man da AVPC Val do Dubra (12:30 h), a demostración de inoculación de shiitake en tronco impartido por Fungos da Cova (12:30 h), a actuación do Trío Alborada (14:00 h) e un faladoiro sobre apicultura con Alfonso Priegue (16:30 h).

Para participar nalgúns dos obradoiros e actividades será preciso formalizar a inscrición, dado que hai prazas limitadas. Esta realizarase a través do correo electrónico, enviando nomes, apelidos e idade a feiras@valdodubra.gal, segundo se vaian anunciando nas redes e na web do concello. A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición.

A programación pecharase o luns 6 coa celebración do mercado mensual e da tradicional Festa da Empanada, que contará tamén con polbeira e actuación musical a cargo do Dúo Matices.

As Feiras do Abril confírmanse así como un espazo de promoción do produto local e de posta en valor da cultura e tradicións do rural galego, consolidándose como unha cita de referencia na comarca.

Post navigation

Previous: O Museo do Pobo Galego collerá unha xornada arredor da cultura da máscara
Next: Lousame reivindica a Zernadas de Castro como precursor do galeguismo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.