Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Comeza a terceira campaña de escavacións no Castelo de Portomeiro

O vindeiro luns comezará a 3º campaña de escavación arqueolóxica no xacemento altomedieval do Castelo de Portomeiro, en Val do Dubra.
Porta-do-Castelo-de-Portomeiro-normal_r

Val do Dubra, 8 de xullo do 2022 – O vindeiro luns comezará a 3º campaña de escavación arqueolóxica no xacemento altomedieval do Castelo de Portomeiro, en Val do Dubra.

Muralla do Castelo de Portomeiro

Esta intervención é, novamente, froito da colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e a Asociación Cultura Larada, propietaria do xacemento de Portomeiro.

Como nas anteriores intervencións, os traballos serán realizados por investigadoras do grupo de investigación Síncrisis, Castelos no Aire e a colaboración coa empresa ‘Tempos Arqueólogos’. Do mesmo modo que na campaña do 2011, a intervención contará cun nutrido grupo de estudantes do grao de Historia e Historia da Arte da USC.

Durante estas dúas semanas, a equipa de ‘Castelos no Aire’, dirixida por Jose Carlos Sánchez-Pardo e Mario Fernández-Pereiro, procurará ampliar os datos coñecidos sobre este interesante castelo altomedieval e, ao mesmo tempo, formar a novas fornadas de arqueólogas.

Porta do castelo de Portomeiro

O profesor José Carlos Sánchez-Pardo comenta “Consideramos moi interesante non só a intervención e os novos datos a obter sobre a Alta Idade Media neste territorio, senón tamén a formación práctica de estudantes do grao de Historia e de Historia da Arte no traballo arqueolóxico”.

Esta nova campaña no Castelo estenderase até o venres 22 de Xuño e ten como obxectivo ampliar as zonas escavadas nos anos previos. “O obxectivo este ano é exhumar por completo outro edificio situado no sur do castelo. A importancia deste edificio ven dada pola súa boa factura técnica e a súa boa conservación, podería ser un bo obxectivo a consolidar e deixar visitábel en futuras intervencións”. explica Mario Fernández-Pereiro, co-director da intervención.

“Lembremos que no ano 2021, foi posible a escavación completa dun edificio e a súa posterior consolidación. Este ano centrarémonos na escavación de varios sectores, mais xa planificando próximas campañas de consolidación das estruturas” apunta José Carlos Sánchez-Pardo, co-director da intervención. “Escavar, divulgar e consolidar para facer do xacemento un lugar visitábel e de interese na comarca era unha reclamación da asociación Larada, propietaria do Castelo.”

O Castelo de Portomeiro é o primeiro xacemento fortificado de entre os séc. VIII-X escavado na Galiza, momento que marcará a posterior evolución política e histórica do noroeste peninsular. “Estamos documentando arqueoloxicamente o proceso de ocupación e organización do territorio por parte da monarquía reinante en Oviedo-León”, comenta Mario Fernández-Pereiro, “Todo isto relacionado, evidentemente coa inventio do sartego de Santiago e a construción da cidade de Compostela e o Locus Sancti Iacobi”, completa Jose Carlos Sánchez-Pardo.

Esta campaña estará centrada na escavación parcial da muralla e de dous edificios situados intramuros. Ao igual que intervencións pasadas, esta campaña no Castelo estará ‘aberta por escavación’, facendo posíbel a calquera achegarse ao xacemento durante os traballos e recibir unha explicación por parte do equipo.

Post navigation

Previous: As Festas do Apóstolo chegan cheas de boa música
Next: Piden a retirada da música ambiental das rúas da Estrada

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.