Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Val do Dubra aproba o Convenio Colectivo do Persoal Laboral

val-do-dubra-pleno-ordinario-slide-23-decembro-2024_r

Bisbarra, 23 de setembro do 2024 – O Concello de Val do Dubra aprobou, con 6 votos a favor do PSOE e ANOVA e 4 abstencións do PP, o Convenio Colectivo do persoal laboral ao servizo do municipio.

Este Convenio é nunha ferramenta  que nunca chegou a ter vixencia en Val do Dubra ata o momento, pese a unha aprobación que se levara a cabo no mandato 2015 -2019 e que nunca entrou en vigor e despregou os seus efectos.

A aprobación ten respaldo orzamentario, cunha partida orzamentaria de 50.000€, que xa se contemplaba nos Orzamentos aprobados para o ano 2024, e que se destinaran a facer fronte ás cantidades económicas que veñen estipuladas para lograr a equiparación.

O convenio aprobado representa un paso adiante cara á dignificación e mellora das condicións laborais dun amplo número de traballadores e traballadoras municipais.

Respecto ao aspecto retributivo, máis alá do incremento salarial, o novo convenio establece un sistema retributivo único para todo o persoal laboral, baseado en criterios obxectivos e en función da súa clasificación profesional.

Deste xeito, elimínanse as diferenciacións inxustificadas que existían ata agora. Ademais, créase un sistema de clasificación profesional único e común para todo o persoal laboral, asimilado ao do persoal funcionario.

De carácter xeral, o Convenio formaliza e recoñece legalmente a equiparación do persoal laboral municipal co persoal funcionario en canto a condicións e dereitos laborais básicos. Entre estes, destacan a xornada laboral, permisos, licenzas e o acceso á carreira profesional, garantindo que ambos colectivos gocen de dereitos laborais idénticos.

Esta proposta emana do acordo de goberno asinado entre o Partido Socialista de Val do Dubra e ANOVA.

Con esta medida, o goberno municipal reafirma o seu compromiso coa mellora das condicións laborais no Concello e co avance cara a un modelo de xestión máis equitativo e xusto para todos os empregados públicos.

En paralelo tamén se comezará a traballar nunha RPT que se pretende que tamén inclúa e defina os postos de persoal laboral e dos funcionarios.

Post navigation

Previous: A senda ciclista do Milladoiro Santiago, desexada pero debatida
Next: A Aula da Natureza de Ames xa pensa en castañas e castiñeiros

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.