Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Piden no Parlamento a paralización do proxecto de vertedoiro para Val do Dubra

val-do-dubra-canteira-de-niveiro-slide-normal-21-marzo-2022_r

Bisbarra, 6 de marzo do 2025 – O BNG levou ao Parlamento de Galicia as demandas da veciñanza de Val do Dubra sobre o vertedoiro de Niveiro, que se quere construír en Val do Dubra.

A deputada Iria Carreira reclamou ao PP que escoite á veciñanza e non autorice  a implantación do vertedoiro de Niveiro, despois da clara oposición social dos últimos meses e da preocupación que se veu incrementada coa publicación no DOGA do proxecto de rehabilitación, peche e abandono da canteira.

 Carreira criticou, diante do director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila,  a xestión “cando menos mellorable” de residuos en Galiza   que, “en 2025, ten que ir máis aló de acumular residuos no monte e enterralos”.

Carreira engadiu que “A Xunta do PP ten un serio problema coa xestión de residuos, coa falta de compromiso co medio ambiente e coa procura de alternativas máis sostibles e máis respectuosas, e cos vertedoiros que temos por todo o País, no sentido literal coma no figurado”.

A Deputada nacionalista advertiu que co anuncio de implantar un vertedoiro na antiga canteira de Pedra Facha, a veciñanza de Niveiro está a asistir “a unha nova ameaza que suporía graves impactos no territorio tanto a nivel paisaxístico, como medioambiental e económico”.

Esta construción suporía unha perda na calidade do aire debido á recolección, transporte e depósito do lixo, con malos cheiros e emisión de gases contaminantes. Tamén estragaría as augas superficiais e o solo, destruiría o terreo circundante e o medio natural , e por suposto, repercutiría na perda do valor paisaxístico da contorna, advertiu.

Neste senso apuntou que a contaminación da auga e do solo “non é menor”, porque    pode supor un detrimento da calidade dos cultivos e a perda de valor do terreo próximo, tanto no Concello do Val do Dubra coma no veciño de Trazo, lembrando que neste monte nace un dos afluentes do río Dubra, polo que o risco de contaminación fluvial podería chegar a afectar tamén ao río Tambre.

Carreira advertiu ademais dos efectos nocivos que o vertedoiro de Pedra Facha tería na saúde humana e ambiental de Niveiro, onde están censadas preto de 300 persoas, distribuídas en nove núcleos de poboación, situándose  a menos de un km da parcela do vertedoiro A Pedregosa, A torre Branca, A  Algaría, O Barral e O Vilar, nos que se verían afectadas arredor de un cento de veciñas e veciños.

Efectos como a perda de confort sonoro, o empeoramento da mobilidade da zona, o aumento da inseguridade viaria, o tráfico elevado de vehículos pesados ou o deterioro das vías. En canto ás consecuencias sobre a saúde humana, destacou que pode supoñer un foco de infeccións debido a presenza de sustancias en putrefacción e por atraer ratas e outros animais que poidan actuar como vectores de enfermidades que alcancen á poboación.

Tamén suporía un impacto económico sobre unha parroquia eminentemente gandeira debido ao risco de contaminación dos cultivos e das augas destinadas ás 600 cabezas de gando vacún e de leite en Niveiro, que constitúen unha sexta parte das mil que existen en todo o concello do Val do Dubra, e que son fundamentais para a supervivencia da zona.

A deputada nacionalista recordou na súa intervención que a canteira Pedra Facha botou a andar no ano 1980 ocupando 89.000 metros cúbicos e que a actividade extractiva na mesma prolongouse ata comezos deste século. Subliñou que, aínda que a orografía está modificada, a natureza foi gañando terreo recuperando e restaurando polos seus propios medios a agresión sufrida.

É unha zona na que se pode ver o lobo ou o raposo, mais ras e outros anfibios,  libeliñas e cabaliños do demo,  quirópteros e diversas aves. Tamén na flora, existindo un cento de especies vexetais diferentes, algunhas delas subespecies escasas.

Post navigation

Previous: O noso canto, campaña autonómica polo 8M
Next: María de Nicasio será a (IN) VISIBLE 8M 2025 en Silleda

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.