Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

Val do Dubra terá un aula especializada no alzhéimer

Val do Dubra formará parte desde xullo dos concellos que acollen unha aula especializada no tratamento do alzhéimer.
val do dubra tarvesia slide 4 maio 2019

Bisbarra, 29 de marzo do 2023 – O concello de Val do Dubra formará parte desde xullo dos concellos, só sete na actualidade en toda Galicia, que acollen unha aula especializada no tratamento do alzhéimer.

Trátase dun servizo específico de estimulación terapéutica para persoas con alzhéimer  ou outras enfermidade neurodexenerativas. A aula saíu xa a licitación tal e como lle comunicou  Antón Acevedo, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social, ao alcalde, José Manuel Varela, no transcurso dunha reunión en Bembibre.

Varela Ferreiro destacou que, unha vez estea operativa, “Val do Dubra vai contar cuns servizos sociais de primeiro nivel para atender á veciñanza”. Fixo ademais mención a que o municipio xa conta cun aula de atención temperá e un aula de envellecemento activo (cunha trintena de usuarios cada unha) e que nos últimos anos triplicou o número de horas financiadas polo Goberno autonómico para o Servizo de Axuda no Fogar.

Na súa visita a Val do Dubra, Antón Acevedo reuniuse con José Manuel Varela, coa concelleira Rosa Parafita, a traballadora social, a educadora familiar e co persoal que atende a aula do maior e de atención temperá, para explicarlles os pormenores do proxecto.

A nova aula de alzhéimer sae a licitación  cun investimento estimado de 268.200 euros en cinco anos, duración máxima do contrato. O obxectivo é a prestación do servizo de estimulación terapéutica para 10 persoas no Concello de Val do Dubra, así como o transporte vinculado ao mesmo.

O director xeral aclarou que as persoas usuarias deberán ter recoñecido un grado 3 de dependencia e contar no seu PIA (plan individualizado de atención) coa asignación deste servizo. Cada persoa recibirá un máximo de 45 horas mensuais de atención, en horario de mañá ou tarde, segundo estableza a entidade adxudicataria, que tamén poderá acordar coas familias ou as persoas usuarias máis horas de sesións, que xa non estarán financiadas pola Xunta.

O contrato xa establece un prezo de 7,26 euros a hora de estimulación terapéutica e 6,05 euros o transporte. As empresas interesadas en participar nesta licitación teñen 30 días naturais para presentar a súa oferta.

Oitava localidade de Galicia

Val do Dubra será a oitava localidade de Galicia que contará cunha aula de estimulación para persoas con alzhéimer ou enfermidades neurodexenerativas financiadas pola Xunta. Ata o momento, a Consellería de Política Social conta con 75 prazas contratadas en Santiago, Ourense, A Estrada, Marín, Tui, Moraña (cada unha delas con 10 prazas) e Mos (15 prazas). En todos os casos, estas aulas están xestionadas por asociacións de familiares como Agadea, Afaor, Afapo ou Afaga.

Post navigation

Previous: Piden que se ocupen os postos baleiros da praza con proxectos de economía social
Next: Eleccións 23, o PSdeG presentou aos candidatos de Santiago e Padrón

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.