Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra
  • Xeral

A Deputación colabora coas “Parroquias en Movemento” de Val do Dubra

O programa “Parroquias en Movemento”, en Val do Dubra con máis de 150 usuarios, recibiu a visita da deputada de Política Social, Mar García.

val do dubra programa parroquias en movemento 5 decembro 2025 (2)

O programa “Parroquias en Movemento”, impulsado polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Val do Dubra coa colaboración da Deputación da Coruña, leva en funcionamento desde setembro e xa conta con máis de 150 persoas maiores de 55 anos inscritas.

A iniciativa busca fomentar a actividade física, mellorar a saúde e potenciar a socialización nas parroquias do municipio. Para iso, ofrécense sesións que combinan exercicio físico suave e moderado con actividades de estimulación cognitiva, co obxectivo de favorecer a mobilidade articular, o fortalecemento muscular, a atención, a memoria e a coordinación.

As actividades de “Parroquias en Movemento” desenvólvense nas parroquias que dispoñen de instalacións adecuadas e alcanzan o número mínimo de participantes. Actualmente, o programa está activo en Erviñou no Local Veciñal, en Portomeiro no Local Veciñal, en Portomouro no Colexio de Portomouro, en San Román no Local Veciñal, en Vilariño no Local Social, en Niveiro no Local Parroquial, en Coucieiro na Casa da Escola de Maxais, en Rial na Biblioteca e en Buxán no Local Parroquial.

A deputada responsable das área de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García Vidal, acompañada do alcalde, Diego Luis Díaz, do tenente alcalde, Antonio Negreira, e das concelleiras Carmen Vilacoba e Raquel Mallo, visitou o municipio para interesarse polo programa, cofinanciado con fondos do POS Social.

A deputada e o alcalde resaltaron a importancia do programa para fomentar a actividade física, a socialización e o benestar da poboación maior no ámbito rural. A concelleira de Servizos Sociais, Carmen Vilacoba, destacou que “Parroquias en Movemento” supón unha oportunidade para dinamizar a vida social das parroquias, crear puntos de encontro e contribuír á mellora do benestar físico e emocional das persoas participantes sen que teñan que desprazarse do seu lugar de residencia”.

Post navigation

Previous: Preséntase a Carpa Roxa de Nadal en Compostela
Next: Cara B: Santiago Freire, ex alcalde de Noia

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.