Padrón, 15 de agosto do 2017 – A Casa-Museo Rosalía de Castro acolle hoxe mércores 16 de agosto un concerto de O Val das Mouras, o grupo catalán que publicou hai dous anos un disco titulado ‘Rosalía’ e que está a piques de sacar do prelo outro novo tamén dedicado á escritora padronesa, ‘A xustiza pola man’
O Val das Mouras é unha formación celta-folc catalana que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro, concretamente no seu libro ‘Follas novas’. A banda, que comparte nome cun lexendario bosque galego, convídanos a iniciar unha viaxe atrás nos tempos cara a un lugar afastado a través de profundas melodías e harmonizando os versos que van retratar á muller galega, aos emigrantes, aos mariñeiros e aos vilegos…
‘Rosalía’ é o seu primeiro disco. Once cancións que se afunden na terra como raíces, que destilan chuvia e mar, que bailan ao son das campás lonxanas azoutadas polo nordés. Once pedras centenarias, once murmullos, once olladas sinceras.
O concerto de Padrón é o segundo da súa xira. Hoxe estarán en Arteixo, hoxe en Padrón, mañá xoves 17 en Compostela, o 18 en Vilar de Santos e o 19 no Festival do Castro en Ferreira do Pantón (Lugo)
A banda de Hospitalet de Llobregat son: Laura Lorenzo (voz), Joana Marcè (frauta), David Fernández (guitarra), Àlex Rodríguez (violoncelo) e Carles Mesa (percusión).