Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

As alvarizas do Deza e o Candán

alvarizas

Bisbarra, 5 de xaneiro do 2025 –  En Galicia poden aínda existir máis de 1000 alvarizas, espazos nos que as colmeas estaban protexidas das ataques dos animais. A Asociación “Vagalumes” presentará o vindeiro día 11 o libro “Catálogo das alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán” de Damián Porto e Francisco Azurmendi.

Imaxe de Dolores Paderne – https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Protexendo_a_mel_dos_osos_-_panoramio.jpg
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/90/Protexendo_a_mel_dos_osos_-_panoramio.jpg

A cita no MOMA da Estrada as oito da tarde. Na presentación participarán os autores xunto coa apicultora Mar Brea. Este traballo sobre as alvarizas está editada pola Asociación Cultural “Vagalumes” e conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra.

No acto lembrarase a importancia e das características históricas da produción de mel na comarca do Deza. A produtora convidada, Mar Brea, ven de recibir en Londres o premio á mellor calidade no certame internacional “London International Honey Awards”.

“Catálogo das alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán” é un estudo das alvarizas da zona norte da provincia de Pontevedra, abranguendo desde os Concellos de Forcarei até Vila de Cruces e Dozón, pasando por Lalín e Silleda e centrándose fundamentalmente na serra do Candán e no val do río Deza.

A metodoloxía que se usou para a identificación das alvarizas da serra do Candán e Terra de Deza  esixiu compatibilizar, ao longo de varios anos e de ímprobos esforzos a pé de campo, a recollida de notas e apuntamentos con traballos informáticos de tratamento de bases de datos, textos e imaxes.

De todos xeitos os investigadores teñen claro que as alvarizas recollidas neste catálogo non poden ser a totalidade das existentes nos espazos naturais examinados e tiveron que existir máis. Este estudo servirá como primeiro paso para futuros estudos que completen a realidade de estas construcións.

O catalogo de alvarizas ofrece a localización da construción vía satélite coas súas coordenadas e altitude, medición e delimitación dos valos e paramentos, toma de fotografías, anotación das especies florais asociadas e da contorna, determinación do estado de conservación e/ou explotación e uso do ben… non sempre doados de executar debido á situación ou ao estado das vías de acceso dalgunhas delas.

O obxectivo era elaborar as precisas bases de datos relacionais que proporcionasen, cando menos, unha imaxe de conxunto desta parte do patrimonio histórico e cultural de Galicia con todos os seus datos e referencias.

O formato da publicación ten dúas partes. Unha primeira introdutoria ao tema, cunha análise do que historicamente representou a produción de mel e a elaboración destas construcións nas comarcas estudadas; e logo, unha segunda parte, que consistiría nas fichas de cada  unha das alvarizas investigadas.

A intención dos editores e autores, para a  promoción e difusión da publicación, é levar a cabo actividades de presentación e roteiros para visitar esta creación da arte vernácula que forma parte do patrimonio arquitectónico de Galicia.

Post navigation

Previous: Os Reis Mago chegan á bisbarra
Next: Licítase o asfaltado de Biduído de Arriba, en Ames

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.