Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • A Estrada

A Asociación Vagalume presenta “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”

Cartel de presentación do libro na Asociación Vagalumes

A Estrada, 22/05/2026 – A Asociación Cultural “Vagalumes” vai dar continuidade ao recoñecemento da escritora a quen este ano se lle dedicou o día das letras galegas coa presentación do libro “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”, de María Xesús Nogueira e Ana Romaní.ç

Unha oportunidade para coñecer en profundidade a súa vida e obra. A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos “unha” biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa visión dos medios de comunicación.

Trátase dun exercicio de reconstrución colectivo desde a confianza e a complicidade, co apoio imprescindible da rede de relacións que a escritora e xornalista xerou na súa vida, escrito a catro mans polas que foron amigas súas, a través de desemellantes memorias que configuran unha visión de conxunto.

O acto terá lugar o vindeiro martes 26 de maio, ás 20:00 h. no salón de actos do MOME (Avenida Benito nº 92, A Estrada).

Post navigation

Previous: Cinema Miúdo abre a convocatoria internacional de curtametraxes
Next: Comeza o Banquete de Conxo 2026

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.