Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Axenda

Vagalume presenta o libro De Compostela ao Pico Sacro

A Asociación cultural Vagalume presentará o vindeiro 18 de febreiro o libro De Compostela ao Pico Sacro.
vagalume-libro-alba-de-gloria-slide-14-febreiro-2022_r

A Estrada, 15 de febreiro do 2022 – A Asociación cultural Vagalume presentará o vindeiro 18 de febreiro o libro De Compostela ao Pico Sacro.

A cita é no MOME da estrada a partir das oito e media da tarde. De Compostela ao Pico sacro está escrito por Calros Solla, Yolanda Aldrei e Heitor Picallo. No acto proxectarase tamén un vídeo sobre a actividade de lectura desenvolta no cumio do pico, coordina por Marcos Maceira, e centrada no Alba de Gloria.

Desde Vagalume explican que a lectura no Pico Sacro do Alba de Gloria queren render homenaxe ” a Castelao, e a todas as luceciñas e vagalumes que nutren o humus vivificador do noso país”.

O libro De Compostela ao Pico Sacro. Alba de Gloria 2011 -2021 dá conta do acto que anualmente, coincidindo co sábado antes do 25 xullo, Día da Patria Galega, decorre no curuto do monte.

No libro descríbese o transcurso da lectura do discurso Alba de Gloria de Alfonso D. Rodríguez Castelao. Recóllense os textos que, desde 2011 até 2021, redactaron para o acto David Otero, Mª do Pilar García Negro, Marga do Val, Xosé Luis Santos Cabanas, Calros Solla, Miro Villar, Marica Campo, Mercedes Queixas, Marta Dacosta, Iolanda Aldrei e Héitor Picallo. Todos e todas prestixiosas autoras que leron os seus escritos e, en ocasións, dirixíronse ao público asistente a este recoñecemento.

A Asociación Cultural Vagalumes é membro de Galiza Cultura, federación da que é cofundadora, ao igual que a AC O Galo, que tamén colabora para levala a cabo.

Post navigation

Previous: #rosalizate en Ames
Next: Segue a recuperación do castro da Baña

Máis novas

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.