Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Vedra

V12, un paseo virtual polas parroquias de Vedra

Vedra inaugurou este venres V12, unha proposta de camiñatas virtuais polas doce parroquias do concello ao longo de 12 meses.
Vedra-Vedrea-slide-31-marzo-2020_0270_r

Table of Contents

Toggle
  • Vedra, 19 de novembro do 2020 – Vedra inaugurou este venres V12, unha proposta de camiñatas virtuais polas doce parroquias do concello. A Ponte Ulla, baixo o título De Camiños e Pontes, abre esta iniciativa que durará 12 meses.
    • Camiñando polas parroquias
    • De Camiños e Pontes
    • Punto de encontro virtual

Vedra, 19 de novembro do 2020 – Vedra inaugurou este venres V12, unha proposta de camiñatas virtuais polas doce parroquias do concello. A Ponte Ulla, baixo o título De Camiños e Pontes, abre esta iniciativa que durará 12 meses.

V12 naceu como unha serie de roteiros que levarían aos participantes polas 12 parroquias do concello. As medidas para combater o Covid foron reducindo progresivamente o número de persoas que poderían acudir polo que o concello de Vedra buscou esta alternativa virtual única na bisbarra.

Camiñando polas parroquias

Charo Canicoba é a guía encargada das visitas e explica que do que se tratou desde o primeiro momento era de camiñar xuntos polas 12 parroquias do concello. Ante as dificultades mencionadas decidiuse buscar unha fórmula que permitira aos veciños pasear de xeito virtual.

Cada mes subirase un vídeo ata completar as doce parroquias en 12 meses. Charo recoñece que para ela supuxo converterse de guía en visitante, pasou de explicar a contar. Este formato permitirá pasear por unha parroquia cada mes pero o visitante decidirá cando, como e volver as veces que queira.

De Camiños e Pontes

Este pasado venres día 20 comezaron estas andainas na parroquia de Ponte Ulla, De camiños e Pontes. Farase un percorrido desde a época romana ata os nosos días e falarase dos Camiños de Santiago que por aquí pasan.

 

Decembro será o momento de coñecer a parroquia que da nome ao concello, Vedra, e falar de emigración e tradicións. Xaneiro será tempo de camelias e música en Santa Cruz de Rivadulla. San Xían de Sales en febreiro, Merín en Marzo e San Miguel de Sarandón en abril pecharán o primeiro semestre de V12.

Punto de encontro virtual

O concello non descarta volver as camiñatas reais si a cousa mellora pero mentres tanto cada mes hai unha cita virtual coas parroquias de Vedra. V12 ten un punto de encontro na web do concello e na páxina de Facebook de turismo de Vedra

Post navigation

Previous: O máis lido da semana (14-19 novembro 2020)
Next: O Ateneo outorgou o premio Alfredo Vicenti de xornalismo

Máis novas

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

vedra credencial gastro 22 outubro 2026 1
3 minutes read
  • Xeral

Credencial Gastro este domingo en Vedra

museo do pobo a barca dos pepes 21 setembro 2026 (3)
6 minutes read
  • Xeral

Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.