Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela

V Concurso literario ‘Mazarelos’

usc-concurso-literario-mazarelos-slide-10-abril-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 10 de abril do 2019 –  Fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras para a nosa literatura son os obxectivos que guían a Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Facultade de Filoloxía da USC para convocar por quinta vez o Concurso literario Mazarelos.
    • Novidades

Compostela, 10 de abril do 2019 –  Fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras para a nosa literatura son os obxectivos que guían a Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Facultade de Filoloxía da USC para convocar por quinta vez o Concurso literario Mazarelos.

O concurso Mazarelos está aberto á participación de todo o alumnado da USC, para o cal deberá presentar unha obra de calquera xénero literario e calquera tema, orixinal e escrito en lingua galega. O prazo para a presentación de orixinais rematará o venres 27 de setembro de 2019 ás 14.00 horas. O xurado estará composto por cinco membros: tres docentes da propia Facultade e dous escritores/as sen relación actual co centro.

Son moitas as figuras literarias galegas que estudaron nas aulas universitarias composteláns ao que se suma a iniciativa da Facultade de Filoloxía a prol da convocatoria de certames e revistas literarias  para dar acubillo á creatividade no eido das letras galegas. Xa que logo, este certame recupera a tradición da Facultade para descubrir e proxectar novas voces que poidan chegar a ser figuras da literatura galega. De feito algunhas das persoas premiadas en edicións anteriores xa despuntan no actual panorama literario galego, como Arancha Nogueira, Alba María Rodríguez ou Xián Lois Alcayde Dans.

Novidades

Nesta convocatoria os galardóns incrementan a súa contía ata os 700, 400 e 200 euros, respectivamente, máis diploma.  A esta xenerosa dotación axúntaselle a publicación da obra. Este ano a Facultade editará un libro que reunirá as obras gañadoras nestas cinco edicións (as catro anteriores mais a actual). En opinión do equipo promotor da convocatoria “será unha bela mostra do talento creativo, das destrezas literarias e do dominio lingüístico que dende 2015 se leva acreditado no concurso Mazarelos da Facultade de Filoloxía”.

Co nome deste certame a CNL de Filoloxía lembra o lugar que viu nacer os estudos filolóxicos e literarios na USC, a praza de Mazarelos, e o edificio agora ocupado por Filosofía, localizacións emblemáticas que mesmo se reivindican na imaxe do cartel anunciador. O certame conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística da USC e o económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Post navigation

Previous: Frades organiza un campamento de conciliación gratuíto para nenos e nenas de 4 a 12 anos
Next: Compostela quere dedicar o vello Peleteiro a vivenda protexida e un centro de día

Máis novas

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

DANIEL CROS Y LAS ALMAS
2 minutes read
  • Xeral

Daniel Cros trae Las Almas Sedientas a Santiago

compostela maker faire xornada industria 30 setembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

A Maker Faire Galicia organiza unha Xornada de Industria

fundacion granell inauguracion expo slide 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

“Bata paisana. Bravas do país” na Fundación Granell

Luz-Fandinho-slide-29-abril-2024-151_r
2 minutes read
  • Xeral

Luz Fandiño terá o seu recoñecemento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.