Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Un galego con 10.000 pegadas máis no dixital

usc vaidaton SLIDE 13 abril 2025

O galego mellorará a súa presenza no mundo dixital grazas aos 10.000 fragmentos de voz do Validatón organizado pola Universidade de Compostela

O Validatón 2025 pechou a súa segunda edición cun balance de 10.000 fragmentos de audio revisados e gravados durante a fase en liña.  Este traballo supón 13 horas de de voz en galego que pasarán a formar parte de Common Voice, 6 de gravación e 7 de validación.

A actividade, organizada polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e mais o Proxecto Nós, estaba dirixida a estudantes da Facultade de Filoloxía da USC e premiou a participación en tres categorías: Víctor Pose, en gravación de fragmentos de voz; Álex Rodríguez Guisantes, en validación de audios; e Lucía López Lires, en xeración de frases.

Tamén foi recoñecida como campioa global Noa Sobrino Lamas por ser a persoa con máis contribucións totais. Todos eles recibiron premios en metálico grazas ao apoio de Atlantic Ponte e Imaxin Software. En total, unha trintena de persoas participaron nesta segunda edición do Validatón.

Para adestrar modelos de recoñecemento da fala cómpre utilizar grandes corpus de datos orais, pero a maioría, en especial os que usan as grandes compañías, son datos pechados e non están dispoñibles.

Neste sentido, Common Voice, ao ser unha plataforma pública de datos de voz alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo, axuda a que as tecnoloxías sexan accesibles para quen as queira desenvolver.

As persoas contribúen a Common Voice doando a súa voz e tamén xulgando como válidas ou non as doazóns feitas por outras persoas. Xérase así ese corpus público que permitirá que no futuro distintas aplicacións informáticas poidan comprender as persoas que falen en galego.

Na fase presencial, celebrada esta semana na Facultade Filoloxía, os participantes crearon un total de 1.920 frases que se engadirán á plataforma para a súa lectura.

Outras iniciativas

Alén do Validatón, os coordinadores do Proxecto Nós lembran que o público xeral tamén pode contribuír a mellorar a presenza do galego no mundo dixital doando a súa voz a través de AgasallaNós.

Esta campaña pretende rexistrar diferentes variedades fonéticas do galego para que as aplicacións baseadas no recoñecemento da fala dean identificado toda a riqueza da nosa lingua.

O obxectivo é recompilar gravacións que representen diferentes idades, xéneros e variedades dialectais. Toda a información pódese atopar na web doagalego.nos.gal.

Outra iniciativa, reservada ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, consiste na participación nunha actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego certificada pola USC como formación a través do recoñecemento dun crédito ECTS.

Proxecto Nós

O Proxecto Nós é unha iniciativa para situar o galego xunto coas linguas máis desenvolvidas no ámbito da tecnoloxía da lingua e a Intelixencia Artificial. O seu obxectivo principal é xerar os recursos necesarios para facilitar o desenvolvemento de servizos e produtos baseados na tecnoloxía da lingua, como asistentes de voz, tradutores automáticos ou axentes conversacionais.

En paralelo, o proxecto promove tamén a presenza dixital do galego, facilitando a creación dunha ampla variedade de ferramentas e de recursos de alta calidade e de uso libre.

Algunhas delas xa están á disposición e accesibles a través da web do proxecto para calquera persoa, institución, organización ou empresa que queira desenvolver un produto tecnolóxico, aplicación ou servizo que incorpore a lingua galega.

Deste xeito, ademais de garantir os dereitos lingüísticos da comunidade galegofalante no mundo dixital, tamén se contribuirá á modernización e dixitalización do ecosistema de empresas galegas e á creación de valor con novos produtos que empreguen o galego.

O Proxecto Nós é unha iniciativa da Xunta de Galicia, que lle encomendou a súa execución á Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través de dúas entidades punteiras de investigación en Intelixencia Artificial e Tecnoloxías da linguaxe: o ILG e o CiTIUS.

Actualmente o proxecto está sendo financiado polo Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública con fondos da Unión Europea-NextGenerationEU, no marco do proxecto ILENIA

Post navigation

Previous: O Enreguéifate 2025 xa ten gañadoras
Next: Negreira acollerá a Feira das profesións

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.