займ срочно

O xornalista Ignacio Ramonet impartirá en Compostela un seminario sobre xeopolítica

0

Compostela, 23 de maio do 2023 – O xornalista Ignacio Ramonet impartirá este xoves, 12:00 en Ciencias da Comunicación, un seminario baixo o título “O mundo en 2023: Anatomía dunha policrise”.

Ramoner regresa á USC 20 anos despois de recibir da universidade o título de doutor honoris causa. Ramonet profundará en como acontecementos como a pandemia da COVID-19 ou a guerra en Ucraína xeran consecuencias económicas globais, efectos xeopolíticos planetarios ou inéditas dimensións militares.

Este Seminario ambiciona explicar e clarificar a actual ecuación xeopolítica mundial nas súas diversas arestas e exporá unha grella de lectura documentada dos acontecementos en curso.

A organización de este seminario corre a cargo do grupo de Estudos Audiovisuais da facultade. O foro abordará a fin da globalización, sen que o capitalismo teña unha proposta de substitución; así como o envite que trae consigo a delicuescencia e descomposición do sistema internacional, empezando pola Organización de Nacións Unidas (ONU).

Cambio climático, masivas migracións humanas, ou os impactos imprevistos das rápidas innovacións tecnolóxicas no campo da comunicación de masas, das redes sociais, da intelixencia artificial, do cálculo cuántico e da vixilancia xeralizada, completan a listaxe de temas obxecto de análise.

Ignacio Ramonet

Ignacio Ramonet é doutor en Ciencias Sociais por l’École des Hautes Études en Sciences Sociais, París (Francia), director de Le Monde diplomatique en español, profesor de Teoría da Comunicación na Universidade de París VII e doutor honoris causa por cinco universidades internacionais.

Especialista en Xeopolítica e Estratexia Internacional, a figura poliédrica de Ramonet abrangue tamén o rol de consultor da ONU, fundador do Foro Social Mundial e creador do seu lema ‘Outro Mundo é Posible’, fundador da ONG Media Watch Global ou fundador e presidente de honra de Attac.

Ten recibido innumerables premios, distincións e recoñecementos, entre eles varios de Xornalismo (o Rodolfo Walsh, de Arxentina; o Antonio Asensio, de España; o Feliz Elmuza, de Cuba); a Medalla de Ouro do Senado francés; e o recoñecemento (Proclamation) do Senado e da Cámara de Representantes dos Estados Unidos “polas súas extraordinarias achegas como escritor, catedrático, xornalista e crítico”.

Ditou conferencias e foi director de seminarios en distinguidas universidades de todo o mundo. É autor dunha trintena de libros, todos traducidos a diversas linguas, entre eles: Como nos venden a moto (con Noam Chomsky); Un Mundo sen rumbo; A tiranía da comunicación; Propagandas silenciosas; Guerras do Século XXI; A crise do século; A explosión do xornalismo; O Imperio da vixilancia; A era do conspiracionismo, e de dous best-sellers mundiais, Fidel Castro, biografía a dúas voces e mais Hugo Chávez: A miña primeira vida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies