Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A USC saca boa nota en responsabilidade social

usc compromiso social normal 30 decembro 2016_r

Compostela, 30 de decembro do 2016 – 44 titulacións oficiais de grao, 57 másteres oficiais e 54 programas de doutoramento impartidos a máis de 29.000 alumnos –o 40% do Sistema Universitario de Galicia­–, cun grao de satisfacción coa docencia que chega aos 8 puntos nunha escala de 10 e cunha taxa de éxito global que se aproxima ao 90%.

Estes son algúns datos recollidos na Memoria de Responsabilidade Social 2014-2015 que este xoves presentou o reitor en San Xerome e que dá conta do desempeño económico, ambiental e social correspondente aos exercicios deses dous anos. Acompañaron a Viaño no acto a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; e a coordinadora do Servizo Universitario de Residencias con competencias no ámbito de Residencias e Responsabilidade Social, María Dolores Cadaval Sampedro.

Na súa intervención, o reitor salientou que o pasado bienio ten sido “o da consolidación dos aspectos fundamentais, tratando de manter o equilibrio orzamentario, a redución da débeda e o avance no compromiso social e medioambiental”. De feito, dixo, “varios recoñecementos internacionais nos permiten falar dun camiño correcto na docencia e na investigación”.

“Somos ademais –engadiu– unha universidade que fomenta o emprendemento e a transferencia de resultados de investigación á sociedade, algo que dá como resultado os numerosos premios que conseguiron os nosos docentes e investigadores así como tamén o posicionamento da institución en ránkings mundiais, como o de Shanghái”.

USC en cifras

O documento ofrece de maneira moi visual datos e indicadores da actividade universitaria neses dous anos. Tamén fala do capital humano, que contabiliza máis de 3.000 persoas entre persoal docente e investigador e de administración e servizos, cunha idade media de 52,7 para o primeiro e de 49,6 para o segundo.

No apartado de investigación e transferencia é salientable o incremento nun 15% de captación de recursos externos por parte do persoal investigador con respec­to a 2013 –65 millóns de euros captados en convocatorias competitivas e 20 en non competitivas– e a incorporación de 271 persoas investigadoras nas diferentes categorías predoutorais, posdou e persoal de apoio. Ademais, a Fundación CYD situaba en 2014 a USC na cuarta posición en número de solicitudes de patentes españolas.

No que respecta á produción científica e resultados de investigación hai que destacar as máis de 600 teses de doutoramento defendidas nese período, os máis de 3.400 artigos publicados en revistas científicas de impacto (JCR) e os case 400 libros e monografías publicadas.

A memoria ofrece tamén datos sobre o compromiso da USC co medio ambiente, que se traduce nun esforzo en materia de desenvolvemento sostible que sitúa a institución como a única galega e a novena de España recoñecida no GreenMetric of World University Ranking. O documento remata coa parte dedicada á economía salientando, entre outras cifras, a redución do déficit nese período en 2.137.794,17 euros.

Novena edición

Trátase da novena memoria destas características que edita a Universidade compostelá e é a primeira que se redacta de acordo coa versión G4 da guía para memorias de sostibilidade de Global Reporting Initiative (GRI). Para a súa elaboración tívose moi en conta a participación dos grupos de interese da USC: estudantado, persoal, provedores, empresas, institucións docentes, administracións públicas, terceiro sector e sociedade.

A USC conta cun espazo web especialmente dedicado a reportar nesta materia (USC Responsable), onde se pode atopar a información, os datos e indicadores, así como as versións dixitais de todas as memorias editadas.

Post navigation

Previous: O Psoe de Tordoia denuncia que os orzamentos non recollen o incremento do IBI
Next: Decembro foi o máis seco dos últimos 35 anos

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.