Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Alcanzamos o primeiro “punto de non retorno”

usc punto de no retorno 14 outubro 2025

A USC participou nun informe internacional que urxe á sociedade a un cambio “sen precedentes, porque o que nos xogamos é a habitabilidade do planeta”

Imagen de yang chiaen en Pixabay

Nun momento no que a ignorancia ten máis visibilidade que o sentido común o planeta segue degradándose. Este luns un estudo da Universidade de Exeter con outros socios internacionais como a Universidade de Santiago de Compostela indica que alcanzamos o primeiro “punto de non retorno”.

Co quecemento global a punto de superar os 1,5 °C o planeta Terra atópase perigosamente cerca doutros puntos de inflexión catastróficos, entre eles, o retroceso das capas de xeo, a degradación do Amazonas e o colapso de correntes oceánicas vitais.

Un exemplo claro de este “punto de non retorno” son os arrecifes de coral de augas cálidas, que están morrendo a un ritmo sen precedentes por ese quecemento; e mesmo se a temperatura se estabiliza en 1,5 °C se prevese que máis do 99% dos arrecifes colapsen.

Para os autores do estudo, estes puntos de inflexión representan un novo tipo de ameaza que as estruturas e acordos internacionais actuais non están preparados para afrontar.

No grupo de 160 científicos e científicas responsables da publicación, pertencentes a 87 institucións e 23 países, atópase o profesor da USC Sebastián Villasante, director de EqualSea Lab (CRETUS-USC) e Investigador Distinguido de GAIN-Xunta de Galicia.

Este grupo de persoal experto está colaborando coa Presidencia da COP30 (trixésima edición da Conferencia das Nacións Unidas para o Cambio Climático) para garantir que os puntos de inflexión estean incluídos na axenda do cumio.

Este ano a COP30 desenvolverase en Belém, Brasil, país anfitrión e presidente da conferencia climática de 2025; unha cita moi simbólica porque está no corazón da Amazonía, unha das rexións máis afectadas pola crise climática.

Mais a pesar da gravidade da situación, as persoas autoras do estudo cren que a solución está “ao noso alcance: a Humanidade aínda pode elixir cambiar e evolucionar cara a un futuro seguro, próspero e equitativo e parece que as actitudes sociais van encamiñadas nesa dirección”, aseguran.

Agora ben, que chegados a este “punto de non retorno” o persoal científico poña solucións concretas e viables sobre a mesa e que a sociedade teña máis conciencia sobre a necesidade de actuar é “alentador pero non suficiente”, advirten.

“Para conseguir o cambio de rumbo urxente e necesario sen precedentes necesitamos unir os esforzos da sociedade civil á valentía política e o liderado dos países. Gobernos, empresas, sociedade civil e individuos teñen todos un papel que desempeñar”, reivindican.

Na procura de xerar esa cooperación a presidencia da COP30 lanzou unha iniciativa global chamada ‘Mutirão’ (que significa “esforzo colectivo”) para impulsar a acción climática en todo o mundo.

Para o persoal científico autor do traballo, “a clave para evitar a catástrofe é actuar con urxencia, apoiando a transformación social e activando puntos de inflexión positivos, como a expansión das tecnoloxías verdes”.

“Trátase -explican- de transformacións positivas que sexan máis baratas, accesibles e atractivas que as opción contaminantes, como a enerxía solar, eólica e os vehículos eléctricos, que de feito xa se demostraron puntos de inflexión positivos”.

As persoas autoras remarcan que unha vez substituídas, as tecnoloxías contaminantes teñen poucas probabilidades de volver a ser escollidas, porque as novas opcións resultan máis baratas e eficientes.

Así mesmo, unha acción política coordinada nos chamados “puntos de súper apalancamento” pode xerar cascadas de cambio positivo entre sectores interconectados como a enerxía, o transporte e a calefacción, adiantando a transformación en todos eles.

Dende EqualSea Lab (CRETUS-USC) queren advertir que a velocidade en que estes puntos de non retorno se está alcanzando está a ser moito maior que o que se temía e que o cambio que debemos facer como sociedade ten que ser un “sen precedentes porque o que nos xogamos é a habitabilidade do planeta Terra”.

Post navigation

Previous: E logo… que foi? o patrimonio de fora
Next: Seguen os problemas coa barcaza de Portodemouros

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Hemeroteca

Agosto 2026
L M Me M V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
« Xul    

Etiquetas

25N alcaldes asociacións e fundacións Ciencia Comercio e empresa Coronavirus Crechas Cultura Curtocircuito Deportes Economía Educación eleccions Emprego Entroido Festas e Feiras Festivais Galego Institucións lixo Mancomunidade de Ordes Mandingo Medio Ambiente muller Nadal Obradoiro Cab o máis lido da semana Patrimonio Plataforma Casalonga limpa de residuos Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON Plenos Politica saúde Servizos sindicatos Social sucesos Tabernalia Tecnoloxía Transporte e estradas Turismo Universidade urbanismo xuntas de goberno Xustiza

RSS RSS

  • Comeza o XXIII edición do Feito a Man 4 Agosto, 2026
  • O Festival C enche Compostela 4 Agosto, 2026
  • Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest 1 Agosto, 2026
  • Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro 31 Xullo, 2026
  • Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías 31 Xullo, 2026
  • Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas 31 Xullo, 2026
  • Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM 30 Xullo, 2026
  • Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado 30 Xullo, 2026
  • “CANTAMOS!” coa Real Filharmonía 30 Xullo, 2026
  • Catro empresas distintas atenden o SAF de Padrón 29 Xullo, 2026

Meta

  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.org
Política de cookies
Lindeiros.net é un lugar xestionado e editado por Lindeiros sc,. A información que publicamos chega na sua maioría de axencias de comunicación e gabinetes de prensa.
Licencia Creative Commons
Lindeiros por Lindeiros sc distribuese baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0 Internacional.   Política de cookies
Notas de prensa e mailing: redaccionlindeiros@gmail.com Contacto: contacto@lindeiros.com Publicidade:publicidadelindeiros@gmail.com
Lindeiros.net é un lugar xestionado e editado por Lindeiros sc,. A información que publicamos chega na sua maioría de axencias de comunicación e gabinetes de prensa.
cropped-cropped-cropped-Lindeiros-Nadal-2016-grande-cabecera_d.png

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.