Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Universidade dará apoio emocional aos maiores de 50 anos

usc apoio emocional maiores SLIDE 30 abril 2025

Trátase dun proxecto da facultade de psicoloxía para persoas de 50 anos ou máis que pasan por momentos difíciles

É unha das eivas da sanidade pública. En moitos casos a consulta co departamento de psicoloxía da sanidade pública acaba cunha receita de tranquilizantes e pouco máis.

O certo é que desde hai tempo a sociedade reclama máis atención psicolóxica e pouco a pouco derrúbanse o temor e rexeitamento á terapia. A Universidade de Santiago da un bo paso en esta dirección e brinda este tipo de apoio.

O Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía (GRISAMP) da USC ofrece apoio emocional adaptado a persoas de 50 ou máis anos que están a atravesar momentos difíciles, con especial atención á prevención do malestar emocional profundo.

Este é o principal obxectivo dun programa psicolóxico gratuíto coordinado polo catedrático Fernando L. Vázquez e financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.  

“Este programa, breve, innovador e desenvolvido en base aos coñecementos máis actuais en saúde mental, está pensado para quen sente tristeza persistente, perda de interese en actividades que antes gozaban, dificultades para durmir ou concentrarse, fatiga constante, desesperanza e pensamentos repetitivos sobre o sentido da vida ou o desexo de desaparecer”, sinalan dende GRISAMP.

Esta sintomatoloxía, lonxe de ser unha rareza, é “sinal de alarma” á que convén atender con ferramentas adecuadas e acompañamento profesional. O servizo que se presta dende a USC é totalmente confidencial e adáptase ás preferencias e necesidades de cada persoa.

Pódese realizar en formato grupal, presencial ou por teléfono, ou de forma individual a través dunha aplicación para smartphones, o que facilita o acceso desde calquera lugar e en distintos horarios.

As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao 640 038 592 ou escribindo a hope.intervencion@gmail.com, onde o equipo proporcionará orientación e concertará unha primeira cita de valoración. Con esta iniciativa, a USC reafirma o seu compromiso coa promoción do benestar emocional na madurez e coa prevención de problemas graves de saúde mental, facilitando recursos accesibles, eficaces e cientificamente validados.

Post navigation

Previous: Teo acolle o comezo do Goza do Ulla 2025
Next: Rois e Lousame compartirán punto limpo móbil

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.