Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Reportaxes
  • Xeral

A USC mostra xa o meteorito Traspena

Desde o pasado venres o MNuseo de Historia Natural da USC mostra o meteorito Traspena despois de dous anos de traballo e xestións.
USC-Presentacion-meteorito-MHN-slide16-xaneiro-2022_123916_r

Compostela, 16 de xaneiro do 2023 – Desde o pasado venres o Museo de Historia Natural da USC mostra o meteorito Traspena despois de dous anos de traballo e xestións.

Un asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa chocou contra a atmosfera o 18 de xaneiro do 2020. A fragmentación produciu un meteorito de 527 gramos, o meteorito de Traspena agora exposto no MHN.

O acto estivo presidido polo reitor Antonio López e serviu para dar conta do achado e da posterior investigación liderada pola Área de Astronomía e Astrofísica do Departamento de Matemática Aplicada na EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo. Participaron ademais o vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri; do director do MHN, Marcos A. González González; do director do Observatorio Astronómico ‘Ramón María Aller’ da USC, José A. Docobo Durántez; e do profesor da Área de Astronomía e Astrofísica da USC, Manuel Andrade Baliño.

Dous anos de traballo

No ano 2009 a USC compraba dous equipos de gravación en vídeo para a observación do ceo. Un colocouse no observatorio Ramón María Aller, no Campus de Santiago, e outro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, en Lugo. Grazas aos datos obtidos en esas gravacións levouse a cabo unha investigación que explicou o profesor Manuel Andrade, responsable científico do estudo, que salientou a singularidade deste fenómeno que permitiu non só recuperar este fragmento de asteroide senón acometer unha análise detallada da súa natureza e composición e determinar con exactitude a súa traxectoria.

O traballo foi tan coidadoso que non se conformaron co máis “profesional” e decidiron converter o estoupido rexistrado nun son musical

Da importancia do que se viu no ceo hai dous anos da mostra o feito de que en esa mesma xornada os vídeos foron solicitados desde o estranxeiro, como explicou o director do observatorio José Ángel Docobo

Ás dificultades da investigación sumouse a pandemia. Docobo narrou que o simple feito de desprazarse a Lugo en pleno confinamento, para tentar localizar o fragmento de meteorito, precisou de permisos especiais da USC e cando chegaron á zona… xa había xente de fora de Galicia coa mesma misión.

Non foi só a investigación que determinou a órbita, ou atopar o meteorito; como explicou o director do Museo de Historia Natural, Marcos A. González, tívose que conseguir que o Museo se convertera en repositorio internacional de meteoritos para poder acollelo e darlle nome

O Reitor, Antonio López, rematou o acto cunha curiosa anécdota vinculada aos estudos de dereito. Un vello profesor da USC escribiu no seu día un artigo sobre as implicacións legais da caída dun meteorito. A doutrina Lois, na honra do profesor, chegou a usarse no Tribunal Supremo dos Estados Unidos.   

O meteorito Traspena é un fito que, a dicir dos expertos, non se repetirá en 700 anos. Unha oportunidade para poñer en valor aos investigadores da USC e ao Museo de Historia Natural, as veces esquecido pero que é sen dúbida un dos valores da cidade.

O estudo pode lerse no seguinte enlace  ‘O meteorito de Traspena: órbita heliocéntrica, traxectoria atmosférica, campo de dispersión, e petrografía dun novo condrito ordinario L5’.

Post navigation

Previous: Concentración parcelarias para 8.900 hectáreas de monte da bisbarra
Next: Oroso presenta o proxecto dun novo Centro Deportivo Multiusos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.