Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

A USC presenta Terra e Memoria, un fondo único coa memoria oral do século XX

usc-memoria-oral-do-seculo-XX-slide-20-novembro-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 20 de novembro do 2018 – A universidade de Santiago ven de presentar Terra e Memoria , un fondo universitario de Historia oral único en España que recolle máis de 2.000 entrevistas dixitalizadas realizadas entre 1987 e 2017 a outras tantas vítimas das persecucións de 1936 e da ditadura, a emigrantes, labregas, segadores, obreiros, operarias da conserva e xente do común que viviu no século XX.
    • Repasa todas as novas da Universidade
    • Historga, os inicios
    • Nomes e Voces
    • Historga Migracións

Compostela, 20 de novembro do 2018 – A universidade de Santiago ven de presentar Terra e Memoria , un fondo universitario de Historia oral único en España que recolle máis de 2.000 entrevistas dixitalizadas realizadas entre 1987 e 2017 a outras tantas vítimas das persecucións de 1936 e da ditadura, a emigrantes, labregas, segadores, obreiros, operarias da conserva e xente do común que viviu no século XX.

As particularidades do proxecto Terra e Memoria presentáronas o vicerreitor de Profesorado da USC, Ernesto González Seoane, e os responsables dos grupos de investigación impulsores, o catedrático Lourenzo Fernández Prieto (Grupo Histagra), o profesor Emilio F. Grandio Seoane (Hispona) e a profesora Pilar Cagiao Vila (Histamérica).

O proxecto recolle entrevistas sobre a Historia do século XX sistematizando os testemuños orais arredor de tres centros de interese: historia social da vida cotiá e do mundo rural; migracións a América e Europa: orixes, viaxes, traballos, retornos, e sobre vítimas das persecucións do golpe, a guerra e a represión franquista.

Repasa todas as novas da Universidade

Historga, os inicios

A web organízase a partir dos fondos da Unidade de Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo (UPDOC) creada en 2004 no antigo Departamento de Historia Contemporánea e de América, que recompila unha actividade continuada de construción de fondos orais que inicia na USC a finais dos anos 80 a profesora Isaura Varela, “centrada nese empeño de recoller as voces de quen non tiñan voz”, matizou Pilar Cagiao. O proxecto, chamado HISTORGA de fontes orais (Historia Oral de Galicia), nace oficialmente en 1987 e converteuse nun programa de investigación moi ambicioso e pioneiro, posto en marcha nun momento no que a historia oral aínda tiña un escaso desenvolvemento e recoñecemento.

Historga recolle testemuñas sobre aspectos centrais da historia recente de Galicia, como son as máis de 350 gravacións en torno á Guerra Civil e o exilio, así como a conflitividade política e social rexistrada no Franquismo e na Transición, ou as referentes á vida cotiá, alimentación, educación, mundo rural ou historia da muller. Contén testemuños de persoas nacidas ó longo de todo o século XX e aínda no século XIX, como é o caso dunha entrevista realizada a un vigués nado en 1888.

O proxecto formou a máis de trinta promocións de estudantes no manexo da historia oral e tivo continuidade nos traballos dos tres grupos de investigación que hoxe presentan a web ao longo destas tres décadas, como o Programa HistAmérica dende 2000, que reúne un fondo de máis de 1.600 entrevistas, e o impulso singular do proxecto Nomes e Voces (2006-2010), cun fondo de arredor de 500 testemuñas orais.

Así, a base de datos de Terra e Memoria integra rexistros residentes (dados de alta na propia base de datos) e outros importados desde dúas bases de datos que funcionan tamén de forma independente: nomesevoces.net e máis o fondo oral de HistAmérica.

Nomes e Voces

Este fondo é resultado dos traballos do proxecto de investigación ‘Nomes e Voces’ que naceu ao abeiro das programacións que realizou a Xunta de Galicia con motivo do Ano da Memoria 2006 coa intención de estudar as vítimas da represión durante a Guerra Civil e a ditadura, e ofrecer á sociedade os datos relativos ás persoas que sufriron persecución por mor da súa posición favorable á democracia republicana.

O traballo vira ao redor da pescuda dos nomes, das voces e dos lugares da represión, para o que se indagou en 2.000 procesos sumariais, nos 315 rexistros civís e fixéronse 482 entrevistas para recoller os testemuños dos que pasaron polo cárcere ou estiveron agochados, así como as lembranzas dos seus descendentes.

Historga Migracións

Un dos temas da nosa historia recente no que se fai máis patente a idoneidade do traballo coas fontes orais é o das migracións. As entrevistas de vida permiten un achegamento á vida cotiá, á formación de redes parentais e á súa influencia na dirección dos fluxos migratorios, ós procesos de transformación cultural e de mentalidades, á visión de América dos colectivos implicados e ao tema do retorno.

Mais de 1.000 entrevistas, que inclúen as gravacións realizadas para teses de doutoramento e diversos traballos de investigación cobren os principais destinos dos galegos en América como Uruguai, Arxentina, Cuba, Brasil ou Venezuela, mais tamén outros minoritarios como a República Dominicana, Porto Rico, Perú ou Panamá. Mais o fondo recolle tamén as migracións dentro do Estado e as migracións cara a Europa de mediados do século pasado así como unha serie de entrevistas realizada nos últimos anos sobre as recentes correntes migratorias que teñen o noso país como destino.

‘Terra e Memoria’, un proxecto aberto a novas achegas particulares ou institucionais,  está dispoñible para o seu acceso a persoal investigador autorizado. Os grupos promotores apelan ademais á colaboración e apoio económico de institucións que, como a Fundación Juana de Vega e a Deputación da Coruña, continúen contribuíndo á protección do fondo e a conservación do patrimonio.

Post navigation

Previous: Arzúa conmemora o Día Internacional do Neno con actividades culturais
Next: O Café da Memoria do Museo do Pobo Galego fala da música de traballo das mulleres do mar

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.