Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A alumna da USC Almudena Alonso I Premio á Mellor Tese Doutoral no ámbito da Tecnoloxía Educativa

usc premio tse doutoral slide 30 junio 2017_r

Compostela, 30 de xuño do 2017 –  A tese de doutoramento de Almudena Alonso Ferreiro ‘Competencia dixital e escola. Estudo de caso etnográfico en dous CEIP de Galiza’ resultou gañadora do I Premio á Mellor Tese Doutoral no ámbito da Tecnoloxía Educativa outorgado pola Rede Universitaria de Tecnoloxía Educativa (RUTE).

A tese, dirixida por Adriana Gewerc, do Grupo de Investigación Stellae, busca describir, coñecer e comprender os procesos de apropiación que se producen nos centros educativos de Galicia a raíz das disposicións legais do currículo da educación primaria (Decreto 130/2007), especialmente aquelas referidas á competencia dixital. Na súa investigación Almudena Alonso atopou elementos disruptivos que mobilizan aos actores escolares, “o que favorece o cuestionamento sobre a propia práctica, aínda que sen chegar a xerar una transformación da mesma”.

O traballo supón un marco de reflexión en torno á competencia dixital na escola, cunha revisión actualizada dos retos a nivel macro, meso e micro na integración das tecnoloxías dixitais nos centros educativos. A xa doutora reclama e expón nel unha proposta de regulación “que ampara e dignifica o traballo do Coordinador TIC no sistema educativo galego e que supón un punto de encontro entre teoría e práctica”.

O premio entregouse a pasada semana na Universidade de Burgos coincidindo co XXV Aniversario das Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE).

Post navigation

Previous: Chévere presenta a reposición de Río Bravo
Next: Silleda instala paneis sinalizadores de lugares de interese histórico

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.