Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Chega a primavera tras un inverno moi chuvioso

usc chega primaver SLIDE 19 marzo 2025

Un eclipse parcial de sol o vindeiro día 29 é un dos principais fenómenos astronómicos da estación que entra

A partir das dez da mañá de este xoves é primavera. 93 días ata o 2 de xuño no que os días serán máis longos e as alerxias farán estragos en moita xente que xa o comezou a notar.

O profesor José Ángel Docobo, coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, explica que “O Sol sae exactamente polo leste e o solpor prodúcese exactamente ao oeste”,

Porén, debido á luz crepuscular, antes da saída do Sol e logo do solpor, a claridade supera á escuridade. Relacionada coa época na que cadra a Semana Santa está a Lúa, continúa explicando o profesor Docobo, “xa que logo o domingo de Pascua (este ano o 20 de abril) é o domingo seguinte a primeira Lúa chea da primavera (este ano o 13 de marzo)”.

Eclipse

O principal fenómeno astronómico da primavera vai ser a eclipse parcial de Sol que terá lugar na mañá do 29 de marzo. Esta eclipse será a primeira dunha xeira de eclipses solares que continuará na tarde do 12 de agosto pero xa do vindeiro ano, en 2026, cunha eclipse total de Sol que se verá como tal nunha banda diagonal que irá dende Galicia e o mar Cantábrico ata o Mediterráneo.

En Galicia a totalidade terá lugar no norte e leste da Comunidade, incluíndo as cidades da Coruña, Ferrol e Lugo. En lugares como Santiago, Pontevedra, Vigo, e Ourense a eclipse será parcial pero cunha moi alta magnitude.

A de 2026 será a primeira eclipse total de Sol na Península logo daquela outra do 17 de abril de 1912. “Esta última, fora unha eclipse total instantánea porque naquel intre os discos do Sol e a Lúa tiñan o mesmo tamaño aparente”, sinala o profesor Docobo.

A liña de totalidade entrara na Península por Oporto, pasando polas localidades galegas de Verín e Barco de Valdeorras para saír ao Cantábrico logo de atravesar O Bierzo e Asturias. Pasados 114 anos, a fase total dunha eclipse solarvolverá a pasar casualmente pola comarca de Valdeorras.

En agosto de 2027 e xaneiro de 2028 tamén teremos eclipses parciais de Sol en Galicia, que se corresponden co visible como total no sur de España e co anular cuxa franxa atravesará a Península en diagonal. Típicas desta estación son as choivas de estrelas Líridas e eta-Acuáridas, as cales teñen  os seus máximos os días 22 de abril e 6 de maio, respectivamente.

Inverno chuvioso

Polo que afecta á información meteorolóxica, remata un inverno moi chuvioso, especialmente o mes de xaneiro. De feito, foi o cuarto inverno con máis precipitación do que vai de século con 748,0 litros/m2.

O pluviómetro do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC recolleu nos  últimos días de decembro 2,7 l/m2, 543,2  l/m2 en xaneiro, 145,4  l/m2 en febreiro, e 56,7  l/m2 en marzo.

Nos 89 días de inverno rexistrouse precipitación en 49 deles, xunto con outros dous con chuvia inapreciable. O 7 de xaneiro foi o día mais chuvioso con 80,8 l/m2, seguido do 26 de xaneiro con 77,3.

A temperatura máxima tivo lugar o 4 de marzo con 19º0, seguida dos 17º7 do 5 de febreiro. Pola contra, a temperatura mínima absoluta rexistrouse o día 8 de febreiro con 1º5 baixo cero. Só houbo outro día con mínima negativa na zona urbana de Compostela, o 15 de xaneiro con  -0º3.

Post navigation

Previous: Nenos e froiteiras
Next: Pau xudicial para a Xunta; as paralizacións recorridas mantéñense

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.