Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O amencer do venres tráenos unha eclipse de lúa

usc eclipse lua SLIDE 13 marzo 2025

Desde Galicia poderían verse as primeiras fases segundo informa o coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.

Este venres teremos que madrugar si queremos ver a eclipse total de lúa previsto a partir das cinco da madrugada. As primeiras fases serán en principio as máis visibles. As eclipses de Lúa prodúcense necesariamente en Lúa chea cando a Terra se interpón entre o Sol e o noso satélite natural.

Imagen de Andreas en Pixabay

Hai dous conos que neste proceso xogan un papel fundamental: as tanxentes exteriores aos discos do Sol e a Terra que forman o cono de sombra, e as tanxentes interiores a ambos os dous discos que xeran o chamado cono de penumbra que, ao contrario que o anterior, se vai abrindo.

Unha eclipse total de Lúa comeza coa súa inmersión no cono de penumbra, “unha fase que pasa case desapercibida dado que o satélite segue a verse enteiro aínda que lle chega menos luz do Sol”, explica José Ángel Docobo, coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

Posteriormente, a Lúa comeza a entrar no cono de sombra, iniciándose a eclipse parcial que dura ata que finalmente entra completamente nese cono, momento no que a Lúa está eclipsada. Xa seguindo un proceso inverso, o satélite vai saíndo sucesivamente dos conos.

Durante a eclipse total,  ningunha luz solar debería chegar ao noso satélite, porén os raios tanxentes á Terra penetran na nosa atmosfera e son desviados por refracción “chegando a iluminar suavemente a Lúa cunha tonalidade vermella, aínda que as veces se mostra máis ben castaña”, matiza o profesor da USC.

Podería verse a fase parcial

De maneira secuencial, o primeiro contacto coa penumbra será ás 04:59 e o primeiro coa sombra ás 06:11 horas. O inicio da totalidade será ás 07:27 e o máximo do eclipse ás 7: 59. O fin da totalidade está marcado para as 08:32 horas e o último contacto coa sombra ás 09:48 e coa penumbra ás 10:59.

Tal e como explica Docobo, “tendo en conta que o Sol sairá as 07:47 (en Compostela) e que antes xusto antes haberá media hora aproximada de crepúsculo, no caso de que as condicións meteorolóxicas sexan favorables poderá seguirse a fase parcial e con máis dificultade o comezo da fase total”. Advirte ademais que para seguir as eclipses lunares non é necesaria protección ocular.

Eclipse de Sol

Tamén neste mes, e xa na primavera -que comezará o día 20 ás 10.00 horas-, terá lugar unha eclipse parcial de Sol na maña do día 29 e que será a primeira dunha serie de eclipses solares visibles en toda España nos vindeiros anos. Entre eles destaca o do 12 de agosto de 2026 que será total no norte e leste de Galicia.

Post navigation

Previous: Xornadas gastronómicas da Lamprea en Padrón
Next: A Unión Hotelera preocupada pola caída do turismo dos Estados Unidos

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.