Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Na procura da calma artificial

usc conductas aditivas slide 2 setembro 2025.jpg

Un informe da USC sobre condutas aditivas detecta unha maior prevalencia no uso de analxésicos opioides, tranquilizantes, somníferos e cannabis

Todos en algún momento precisamos de calma, de tranquilidade. O habitual e que paremos, demos un paseo, escoitemos música o nos centremos unha actividade que nos relaxe; pero o consumo de algún tipo de analxésicos estase normalizando cada vez máis.

A Universidade de Santiago de Compostela, a USC, ven de presentar un estudo dirixido pola profesora da área de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Mónica Pérez Ríos, que pon tamén o foco no auxe das bebidas enerxéticas e do cigarro electrónico.

O estudo sitúase no marco do proxecto financiado polo Plan Nacional sobre  Drogas ‘Detección e vixilancia dos determinantes das adiccións a partir de datos de enquisas, administrativos e grupos sentinela’, cuxa investigadora principal é Mónica Pérez Ríos.

Esta monografía que se acaba de publicar analiza a evolución do consumo de drogas en España e as características das persoas consumidoras. O estudo realizado en colaboración co Ministerio de Sanidade pon o foco no incremento da prevalencia no consumo de analxésicos opioides, tranquilizantes, somníferos e cannabis, ademais das bebidas enerxéticas e do cigarro electrónico.

A investigación evidencia que a prevalencia de consumo de analxésicos opioides con e sen receita médica nos últimos 30 días aumentou entre 2018 e 2024, tanto en homes como en mulleres.

“A prevalencia foi sempre máis alta en mulleres e no grupo de idade de 35-64 anos”, explica a profesora da USC. De tal xeito que en 2024, o perfil da persoa consumidora de analxésicos opioides con e sen receita médica nos últimos 30 días era muller, de 35-64 anos, sen estudos superiores e nada en España.

No relativo á prevalencia de consumo de tranquilizantes e somníferos con e sen receita médica nos últimos 30 días, detectouse no período 2005-2024, en ambos os sexos, un aumento. “A prevalencia de consumo foi máis alta en mulleres en calquera dos anos analizados”, subliña Pérez Ríos.

A prevalencia aumentou en todos os grupos de idade, sendo máxima no grupo de 55-64 anos. Con todo, o maior aumento na prevalencia “observouse no grupo de poboación coa prevalencia de consumo máis baixa, aqueles con idades comprendidas entre os 15-24 anos, tanto en homes como en mulleres”.

En 2024, o perfil da persoa consumidora de tranquilizantes e somníferos con e sen receita médica nos últimos 30 días era muller, maior de 35 anos, sen estudos superiores, nacida en España e que non convivía en parella.

Entre 2005 e 2024, a prevalencia de consumo de cannabis aumentou con independencia do sexo e da idade tanto no contexto da experimentación (algunha vez na vida) como no consumo diario.

A prevalencia de consumo de cannabis foi sempre máis alta en homes e no grupo de idade de 15-34 anos. En 2024, o perfil da persoa consumidora nos últimos 30 días era home, menor de 35 anos, sen estudos superiores, nacida en España e que non convivía en parella.

No relativo ás bebidas enerxéticas, entre 2015 e 2024 a prevalencia de consumo (soas ou en combinación con alcol) aumentou en ambos os sexos, sendo sempre máis alta en homes. Ao diferenciar por grupos de idade, destaca o aumento na prevalencia de consumo no grupo de 15-34 anos. En 2024, o perfil da persoa consumidora de bebidas enerxéticas era home, menor de 35 anos, sen estudos superiores, non nada en España e que non convivía en parella.

Finalmente, entre 2015 e 2024 identificouse un aumento da prevalencia de uso de cigarros electrónicos algunha vez na vida, posiblemente asociado á experimentación con estes produtos, e na prevalencia de uso nos últimos 30 días. O grupo de idade de 15-34 anos mostrou a prevalencia máis alta, con menores diferenzas en función da idade no caso das mulleres. En 2024, o perfil da persoa usuaria de cigarros electrónicos nos últimos 30 días era menor de 35 anos, nacida en España e que non convivía en parella.

Tendencias estables

A prevalencia de consumo de tabaco permaneceu estable entre 2005 e 2022, observándose en 2024 un lixeiro descenso da prevalencia tanto en homes como en mulleres. En 2024, o perfil da persoa consumidora de tabaco nos últimos 30 días era home, de 25-34 anos, sen estudos superiores, nacida en España e que non convivía en parella.

Entre 2005-2024 non se identificaron cambios relevantes na prevalencia de consumo de alcol para ningún dos marcos temporais para os que se evoca o recordo do consumo. A prevalencia foi sempre máis alta en homes, permanecendo estable ou mesmo diminuíndo lixeiramente, mentres que en mulleres observáronse estabilizacións ou aumentos lixeiros. En 2024, o perfil da persoa consumidora de alcol nos últimos 30 días era home, de 25-34 anos, con estudos superiores e nada en España.

No que respecta ao coñecido como binge drinking, entre 2005 e 2024, a prevalencia global de “atracón por consumo de alcol” nos últimos 30 días mantívose estable. A prevalencia foi sempre máis alta en homes, aínda que a diferenza entre sexos diminuíu co tempo ao aumentar esta forma de consumo en mulleres. “Nas mulleres de 15-34 anos, a prevalencia de atracón por consumo de alcol practicamente duplicouse ao longo do período estudado”, explica a investigadora.

En 2024, a prevalencia no grupo de idade de 25-34 anos superou por primeira vez a prevalencia no grupo de 15-24 anos. En 2024, o perfil da persoa que declarou practicar binge drinking era home, menor de 35 anos, con estudos superiores, nacida en España e que non convivía en parella.

Equipo

O equipo investigador complétano os profesores da USC Cristina Candal Pedreira, Julia Rey Brandariz, Alberto Ruano Raviña e Agustín Montes Martínez; as investigadoras Carla Guerra Tort, Lucía Martín de Bernardo Gisbert, Guadalupe García e Ana Teijeiro Teijeira; profesionais sanitarios do SERGAS como María Carou López e Sara Estévez; técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública (María Isolina Santiago Pérez) e do Instituto Galego de Estatística (María Esther López Vizcaíno); e as profesoras da Universidade da Coruña Jéssica Rial Vázquez e Nerea Mouriño Castro.

Post navigation

Previous: Xunta e concello de Santiago acercan posturas sobre a zona residencial tensionada
Next: Boqueixón auditará a rede de saneamento municipal

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.