Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

O obxectivo da USC e conectar Universidade, municipalismo e innovación pública os días 5 e 6 de outubro

usc territorios que lideran 2 outubro 2026

Compostela, 02/10/2026 – A decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, Marta Lois, presentou o Foro ‘Territorios que lideran: o futuro comeza no local’, unha iniciativa impulsada coa colaboración da Deputación da Coruña que nace co obxectivo de crear un espazo estable de encontro entre o coñecemento académico e a experiencia das administracións locais.

Durante dúas xornadas, 5 e 6 de outubro, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais converterase nun espazo de diálogo entre especialistas no estudo dos gobernos e das políticas públicas e persoas que desenvolven diariamente responsabilidades de goberno e xestión nas administracións locais.

Marta Lois explica que ”Queremos sentar na mesma mesa a quen estuda os gobernos locais e a quen os goberna todos os días. Non queremos que a Universidade fale simplemente sobre o mundo local, queremos que fale co mundo local”, explicou Marta Lois.

Referentes académicos e experiencia institucional

O Foro contará coa participación de referentes académicos e institucionais de diferentes universidades e administracións. Entre eles estará Joan Subirats, catedrático emérito de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona, especialista en políticas públicas, gobernanza e innovación democrática, que foi tamén tenente de alcalde de Barcelona e ministro de Universidades.

Participará igualmente Carmen Navarro, profesora de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid e especialista en goberno local, políticas públicas e política local comparada.

O programa contará tamén con Gemma Ubasart, profesora de Ciencia Política da Universidade de Girona e exconselleira da Generalitat de Catalunya, e con Marta Cruells, especialista en xénero, políticas públicas e participación.

Cruells será a encargada de abrir unha das mesas centradas nas mulleres e no exercicio do poder político no ámbito local, unha das cuestións que formarán parte dos debates do encontro.

A programación contempla tamén a participación de especialistas das universidades galegas para abordar cuestións como o financiamento municipal, o territorio, as capacidades institucionais, a gobernanza ou a innovación nas políticas públicas.

Un dos elementos centrais do Foro será precisamente o diálogo entre esta perspectiva académica e a experiencia de alcaldes, alcaldesas e outros responsables públicos, co obxectivo de coñecer iniciativas desenvolvidas desde o ámbito municipal e analizar os retos aos que se enfrontan actualmente os gobernos locais.

O futuro comeza no local

O encontro pretende tamén poñer en valor o papel das administracións locais como espazos de innovación e transformación social. Marta Lois lembrou que moitas das respostas aos principais desafíos sociais se desenvolven precisamente desde as institucións máis próximas á cidadanía. ”É nos concellos onde se experimentan novas respostas en vivenda, igualdade, servizos públicos, participación, sustentabilidade ou planificación do territorio”, sinalou a decana.

Esta idea está detrás do lema escollido para o Foro, ‘O futuro comeza no local’, que reivindica a necesidade de dotar os gobernos locais de capacidade, recursos e coñecemento, así como de favorecer espazos nos que compartir experiencias e aprendizaxes.

Lois incidiu tamén no carácter bidireccional da relación entre Universidade e territorio: “A Universidade aprende tamén cando escoita o territorio. Os concellos e as deputacións non son só lugares nos que se aplican políticas públicas, son tamén espazos nos que se produce coñecemento, innovación e transformación social”.

O Foro abordará ao longo das súas sesións cuestións como a innovación e a democracia local, as mulleres e o poder político, o financiamento, o territorio e a gobernanza, ademais de abrir unha reflexión colectiva sobre o futuro do municipalismo en Galicia.

A iniciativa nace ademais coa vontade de ter continuidade e consolidarse como un espazo de referencia desde Galicia para a reflexión sobre o presente e o futuro dos gobernos locais, favorecendo o intercambio de coñecemento entre Universidade, institucións e territorio.

Post navigation

Previous: Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF
Next: O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.