Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

“O retorno do máxico”, de  Fonseca á “fraga emocional” galega

USC MOSTRA O RETORNO DO MAXICO SLIDE 16 MAIO 2025 (2)

“O retorno do máxico” é unha mostra de Consuelo Chacón, Patricia Mateo e José Luis López Moral que integra fotografía, pintura, vídeo, instalación e son.

En palabras da vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias, “O retorno do máxico é unha viaxe á fraga emocional que todas as persoas galegas levamos dentro”.

Unha experiencia que estará en Fonseca, no Salón do Artesoado, ata o vindeiro 28 de xuño. Este proxecto multidisciplinar transita fotografía, pintura, vídeo, instalación e son, para profundar no universo das meigas, do patrimonio botánico e da tradición galega, no imaxinario das lendas e das supersticións, os saberes populares que tan firmes alicerces teñen construído na cultura de Galicia. 

Consuelo Chacón, Patricia Mateo e José Luis López Moral son os creadores das obras que integran este “O retorno do máxico”, comisariada por Paula Cabaleiro e que parte dunha profunda investigación e un intenso traballo de campo, percorrendo moitas trazas da xeografía galega e indagando nas febras da tradición e da memoria.

 “A mostra plasma o bosque como algo máxico pero tamén se centra no camiño, no feito de deixarse atravesar por esa experiencia”, sinalou Paula Cabaleiro no acto inaugural que se desenvolveu no Colexio de Fonseca.

A comisaria agradeceu á USC “ter as portas abertas para a arte contemporánea” e permitir, deste xeito, o acceso da comunidade académica e da cidadanía no seu conxunto a este tipo de manifestacións artísticas.

Na sesión de apertura da mostra tamén interveu Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, quen puxo o foco no “espazo simbólico e polivalente” que representa o Salón do Artesoado no que a USC ten proxectado “mostras de moi diferente natureza”.

No acto tamén participou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, quen acompañou aos artistas por un percorrido explicativo da mostra.

Estrañeza e fascinación

Consuelo Chacón, Patricia Mateo e Jose Luis López Moral conciben a través das súas creacións mundos máxicos, cheos de simbolismo e ambigüidade, atmosferas de ensoñación e simulacro que transitan entre o real e o ficticio, reivindicando o valor da sabedoría popular e da natureza, a raíz da identidade cultural galega, o papel das ‘bruxas’ e dos relatos que se tecen nas marxes do discurso sistémico. Sempre na procura de interpelar e situar ao público, a mostra sitúase nun estado simbiótico de cuestionamento, estrañeza e fascinación.

Tal e como apuntan dende o comisariado da mostra, “somos un territorio cheo de maxia que vertebra memoria en cada camiño, en cada retallo de historia e de patrimonio, cunha fonda tradición oral que é sustento e testemuño da nosa forma de estar no mundo e espalla ese imaxinario en cada conversa, en cada encontro, en cada celebración.

Mais tamén somos lugar de peregrinación, acollendo e recollendo relatos múltiples, tecendo unha cultura poliédrica en continuo proceso de transformación”.

A cultura galega é moitas veces para camiñantes “un axente catalizador, unha fiestra cara a un universo de múltiples dimensións simbólicas, onde o misterio, a historia, a tradición e o mito, se entrelazan creando un relato á marxe dos discursos hexemónicos de poder, discorrendo entre o máxico, o escuro e o etéreo”.

A mostra pode visitarse de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Post navigation

Previous: Compostela recibe ó VI Festival Plataforma
Next: Frades rehabilita o muíño da Ponte Carballa

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.