Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O financiamento dos concellos a exame

usc informe fegamp SLIDE 2 abril 2025

A Universidade de Santiago realizará un informe para a Federación Galega de Municipios e Provincias sobre o financiamento local

O financiamento dos concellos é o principal problema dos municipios xa que todo depende del. Na maioría dos casos os concellos non poden acometer ningunha mellora sen axuda de outras administracións o que limita a súa independencia.

Trátase dun modelo que ven de cumprir vinte anos e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) busca un cambio co apoio dos expertos da USC. Ambas institucións veñen de asinar un acordo para que un equipo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais realice un informe sobre a situación actual do financiamento municipal.

O contrato polo que se rexe esta colaboración asinárono este martes en San Xerome o reitor Antonio López e o presidente da FEGAMP, Alberto Varela. O reitor dixo estar moi satisfeito “A transferencia de coñecemento é unha das nosas misións e, neste caso, trátase de poñer o noso coñecemento ao servizo da administración local para que poida apoiar nos nosos estudos as súas demandas para reivindicacións lexítimas como a do financiamento”.

Pola súa banda Alberto Varela manifestou a súa seguridade por que “van poñer luz e solucións para resolver as dificultades de xestión que os concellos padecemos por non recibir o financiamento público que nos corresponde, e que é necesario para poder atender dignamente o desenvolvemento das nosas competencias e servizos”.

Un ano de traballo por un equipo reputado

O responsable do desenvolvemento do traballo por parte da USC será o profesor Xoaquín Fernández Leiceaga, adscrito ao CISPAC, que na coordinación contará coa colaboración de Santiago Lago Peñas, da USC, e de Javier Suárez Pandiello, da Universidade de Oviedo, aos que acompañará un equipo  de persoal experto reputado que deberá ter rematado o traballo a finais de ano.

Tal e como explicou o director do proxecto no acto de sinatura, neste tempo os concellos deben asumir novos requirimentos, “e polo tanto poñer en marcha políticas complementarias”, por parte doutras administracións -singularmente no ámbito dos servizos sociais ou da xestión do territorio- “e dunha cidadanía cada vez máis consciente das súas necesidades, á vez que modernizar os seus modos de atención”.

Para Leiceaga, o modelo actual “non resolveu o problema de inequidade entre uns concellos e outros e limitou a autonomía tributaria municipal”.  Engade que “foi complementado por mecanismos de garantía da estabilidade orzamentaria, que impiden o uso dos remanentes aínda que o municipal é o nivel de administración máis saneado e que apenas suma ao déficit público global”.

A isto o profesor da USC súmalle que o actual modelo vai “acompañado” de recursos autonómicos “que adolecen de falla de automatismo e discrecionalidade e dunha limitada actualización”.

Deste xeito, o traballo pretende dotar á FEGAMP de ferramentas para activar estes debates, con propostas realistas baseadas no coñecemento científico. Como exemplos, o equipo que está a realizar o traballo sinala como a flexibilización no uso dos remanentes axudaría á modernización municipal ou como a adecuación dos ingresos tributarios aos novos marcos no uso da auga ou no tratamento dos residuos facilitaría a súa xestión eficiente.

Achegas dende Galicia

O informe ‘A reforma do financiamento local. Achegas desde Galicia’ parte dunha diagnose da situación para logo profundar en distintos apartados nos tributos locais, na introdución dun concepto explícito de equidade na participación nos ingresos do estado nos pequenos concellos, no financiamento autonómico das entidades locais, na taxa turística ou na reforma das normas de estabilidade. O documento rematará cunha serie de propostas a ter en conta nun posible cambio de modelo.

Post navigation

Previous: Os veciños prepáranse para presentar alegacións ao plan de Peleteiro
Next: Charlas de saúde en Frades

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.