Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Valle-Inclán íntimo expón en Compostela unha visión distinta do escritor

A Universidade de Santiago inaugurou en Fonseca a exposición Valle-Inclán íntimo, integrada por pezas cedidas polos herdeiros do autor.
universidade-exposicion-valleinclan-slide-10-febreiro-2023-(2)_r

Compostela, 10 de febreiro do 2023 – A Universidade de Santiago inaugurou en Fonseca a exposición Valle-Inclán íntimo, integrada por pezas cedidas polos herdeiros do autor.

A mostra achega boa parte do patrimonio artístico que Ramón María del Valle-Inclán atesouraba no seu domicilio. Son elementos que forman parte da  colección particular dos irmáns Valle-Inclán Alsina, Fernando, Miguel e Javier.

Obra pictórica, escultórica, debuxos, caricaturas, retratos de sinaturas coñecidas así como obxectos persoais, “obxectos de culto”, en palabras dos organizadores da mostra, pero tamén mobiliario seleccionado polo seu valor artístico ou persoal é o que se pode ver ata o vindeiro 1 de abril.

O reitor da USC, Antonio López, presidiu o acto inaugural que contou coa participación dos comisarios da mostra, Margarita Santos Zas, Javier del Valle-Inclán Alsina e José Manuel López Vázquez; o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; a concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; e o director de La Voz de Galicia, Xosé Luis Vilela Conde.

O reitor puxo o foco en como a mostra permitirá profundar “no universo que creou Valle, na súa conexión coa cultura e en todo ese momento que a el lle tocou vivir”. Antonio López aproveitou a súa intervención para subliñar o rol da universidade como “espalladora de coñecemento e cultura”. Pola súa parte, a directora da Cátedra Valle-Inclán, Margarita Santos Zas, destacou que esta é a quinta mostra que a USC dedica á figura de Valle, do que dixo “non é un autor, é toda unha época”, para despois afondar na súa “inesgotable” figura.

Todos os materiais expostos seguen unha pauta organizativa de carácter estético, que se plasma na súa disposición no salón Artesoado, a Capela e a Sancristía do Colexio de Fonseca. As cinco seccións que conforman a mostra  establecen un diálogo con materiais documentais asociados ao escritor: as súas entrevistas, conferencias, cartas, fotografías, textos das súas obras orixinais, ou manuscritos do seu puño e letra, entre outros.

Horario

Organizada pola Cátedra Valle-Inclán, a mostra conta coa colaboración do Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC e o apoio da Deputación da Coruña, o xornal La Voz de Galicia e a Xunta de Galicia. O horario de apertura esténdese das 11.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 20.30 horas de luns a sábado.

Post navigation

Previous: Dodro terá un Entroido Choqueiro
Next: Negreira aproba o Plan Único da Deputación

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.