займ срочно

Unha exposición mostra o día a día dos doentes de dano cerebral

0

Compostela, 14 de febreiro do 2023 – A Facultade de Medicina de Santiago acolle estes días unha mostra fotográfica sobre a vida cotiá das persoas con dano cerebral adquirido.

Trátase dun traballo do fotógrafo compostelán Aigi Boga, e impulsada pola Federación Galega de Dano Cerebral. Leva por título “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido” e estará aberta ata o vindeiro día 28 de 8 da mañá a dez da noite.

As fotografías que compoñen a mostra realizáronse nas cinco asociacións que forman parte da Federación Galega de Dano Cerebral. Protagonizadas polas persoas usuarias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, DCA Ourense e Sarela, as imaxes amosan a súa vida cotiá, as actividades que realizan ou a súa convivencia, é dicir, a vida despois do “punto e seguido” ao padecer un ictus, un traumatismo cranioencefálico, ou calquera outra das causas do dano cerebral adquirido.

Para acompañar a exposición, FEGADACE realizou unha serie de vídeos curtos que contan con diferentes testemuños de persoas con dano cerebral, familiares e profesionais das entidades. Son un total de sete vídeos, cunha peza principal e seis máis pequenas, que crean un retrato da complexidade de secuelas que compoñen o dano cerebral: físicas, sensoriais, económicas, cognitivas, sociais, ou orgánicas, entre outras.

A organización da exposición conta coa colaboración da USC e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.

A Facultade de Medicina e Odontoloxía e FEGADACE colaboran desde hai anos elaborado conxuntamente materiais formativos e divulgativos, unha páxina web e actividades de capacitación en hixiene bucodental dirixidas ás familias e ás persoas usuarias das asociacións de dano cerebral (ata o momento realizadas en Alento e Sarela). Ademais, a Unidade recibiu en 2019 o Premio FEGADACE – Miguel Blanco.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies