Compostela, 19 de xullo do 2022 – A Universidade de Santiago, en colaboración coa Asociación Ourives de Compostela, inaugura en Fonseca ‘O Esplendor do Camiño’.
A exposición exhibe ata o mes de setembro a tradición artesá da pratería e acibeches en Santiago. ‘O Esplendor do Camiño’ percorre oito séculos da historia de este gremio.
O traballo coa prata e o acibeche forman parte da tradición xacobea xa que naceron ao seu abeiro. Esta mostra exhibe un cento de pezas que van desde o século XIII ao XX. A presentación correo a cargo da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, que estivo acompañada polo presidente de Ourives de Compostela; Arturo Ouro; o concelleiro de Turismo, Gumersindo Guinarte; e o comisario da exposición, Fernando Martínez Vilanova.
Estrutura da mostra
A mostra propón unha estrutura que separara as obras de carácter relixioso e as de carácter civil. Dentro de cada unha delas clasifica as pezas en función dos seus usos. Entre as relixiosas poden atoparse cálices, copóns, cruces parroquiais, relicarios, rosarios ou imaxes devocionais, entre outros; mentres que a categoría civil abrangue cuncas, pratos, candeeiros, xoias ou mesmo amuletos.
Artistas como Fernando Mayer, Manuel Lado, Bernardino Otero, Manuel Bacariza, Enrique Mayer, Marcelino, Ricardo Rivas Mejuto, Jorge Cerdeira O Mozo, Ricardo Martínez, José Noboa ou Manuel Dávila danse cita nesta exposición organizada pola USC, Ourives de Compostela e o Concello de Santiago, e realizada grazas ás achegas do propio Concello, da Xunta de Galicia —a través da Axencia de Turismo de Galicia e da Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades— e a Deputación Provincial da Coruña.
Na conversa cos medios o comisario da mostra, Fernando Martínez, explicaba a importancia do traballo de estes artistas máis que artesáns. Algunhas das pezas triplicaron o seu prezo enpoxas profesionais ao saberse a súa orixe compostelá. Algo que da idea do valor de estas pezas entre os coleccionsitas.
Martínez tamén lembra que a aparición de xoierías ocultou os nomes de moitos artistas, que eran os que realizaban as pezas. Considera o papel de estes negocios como unha sorte de galeristas e do mesmo xeito que ninguén ocultaría o nome dun pintor non se debe facer tampouco cos prateiros ou acibecheiros.