Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

8 galegas que moveron os marcos

usc exposicion 8 mulleres SLIDE 5 marzo 2025

Compostela, 5 de marzo do 2025 – A Universidade de Santiago de Compostela ven de inaugurar unha exposición no claustro alto de Fonseca que leva por título “8 mulleres galegas que moveron os marcos”.

Os actos enmárcanse na conmemoración do 8M, Día Internacional das Mulleres, que terá o seu acto institucional central o luns 10. A mostra está organizada pola Biblioteca Universitaria e recolle o perfil de mulleres pioneiras, con moi diversas traxectorias vitais, cuxo denominador común é ter sido quen de internarse en territorios reservados, polo común, aos homes.  

A apertura da exposición contou coa participación do reitor Antonio López e da directora da Biblioteca Universitaria, Mabela Casal, así como doutras autoridades académicas e civís e numeroso público asistente.

A mostra consiste en oito paneis dedicados a esas galegas pioneiras cos que a Biblioteca da USC quere contribuír a poñer en pé de igualdade as súas figuras. Trátase dun “mínimo botón de mostra documental” da intensa actividade dalgunhas destas mulleres, explicou no acto Mabela Casal, para quen “continúa a ser necesario sacar á luz mulleres que non se resignaron e abriron camiños a xeracións posteriores”.

As protagonistas da mostra son Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira da que se ten noticia; Maruxa Villanueva, actriz, cantante e emprendedora teatral en Galicia e alén do Atlántico; Elisa Patiño, a primeira aviadora galega e unha das primeiras en Europa; María Wonenburger, investigadora en álxebra e primeira muller española que obtivo unha bolsa Fullbright; María Luz Morales, primeira directora dun xornal en España; Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora dun dispositivo precursor do libro electrónico; Concepción Pérez Iglesias, mestra e primeira alcaldesa de Galicia e unha das primeiras de España, e María Barbeito, educadora que achegou precozmente a Galicia as máis modernas teorías pedagóxicas que se estaban a xestar en Europa.

O reitor, que felicitou a Biblioteca por esta iniciativa, quixo lembrar nesta apertura que o 8 de marzo que dende o ano 1910 é o Día Internacional das Mulleres é “tamén” para a Universidade “unha data con especial significado xa que foi ese mesmo día e ese ano cando se publicou na Gaceta de Madrid a Real Orde que permitía as mulleres acceder á Universidade sen necesidade de autorización previa”.

8 libros 8 mulleres

Á vez que se inaugura esa mostra, chega tamén ao claustro alto de Fonseca a titulada 8 libros 8 mulleres que cambiaron o mundo, que remata a súa andaina despois dun ano de itinerancia polas facultades e bibliotecas dos campus de Lugo e Santiago. Deste xeito, a mostra de mulleres pioneiras que se inaugurou este martes marchará o día 28 de marzo de Fonseca para comezar o mesmo percorrido que a súa antecesora.

Extensa programación en centros

Ademais destas exposicións e do acto central do día 10 en Fonseca, os distintos centros universitarios comezan este mércores 5 coa súa programación reivindicativa. Así, a comisión de actividades culturais, igualdade, normalización lingüística e participación estudiantil da Facultade de Xeografía e Historia organiza xunto co CGAC unha visita guiada por Mar Caldas á exposición ‘Mulleres, traballo e memoria’.

Pola súa banda, a comisión de Xénero da Facultade de Filosofía xunto coa Asemblea de Estudantes convida ás 11.00 horas á ‘mullerenaxe’ mensual no vestíbulo do centro,  coa actualización da listaxe de vítimas da violencia de xénero e a inauguración da instalación ‘Senta na cadeira a unha filósofa’.

Xa o xoves 6 o CIFEX, a comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía e a Asociación de veciñas de Vite organizan ás 19.00 horas no salón de graos da Facultade de Filoloxía unha proxección dun audiovisual sobre a performance Re sistencias da artista Ana Gesto.

Equidade de xénero

‘Avances, loitas e desafíos no camiño cara á equidade de xénero’ é o título da mesa redonda que organizan o comité de xénero e a dirección de iMATUS para o venres 7 ás 17.00 horas na que participarán a xuíza Ana López-Suevos Fraguela, a catedrática Laura Lojo Rodríguez, o profesor da USC Jorge García Marín e a investigadora Lorena Maneiro Boo.

Tamén o venres, ás 17.30, o Arquivo Universitario presenta o proxecto ‘Pioneiras da USC: un proxecto web e dúas biografías’, un repositorio que pretende divulgar as biografías das mulleres que foron relevantes nos estudos universitarios ben como estudantes, docentes ou investigadoras, ao tempo que permite dar a coñecer a través dos documentos dixitalizados de acceso público o rico patrimonio documental custodiado tanto nos arquivos das distintas Universidades como nos Arquivos Estatais. 

Pola súa banda, o ECOBAS organiza ese venres a xornada de portas abertas ‘Social research for gender equality’ para dar a coñecer relevantes achegas sobre as fendas que persisten na sociedade en materia de igualdade. Será ás 12.00 horas en Ciencias Económicas e Empresariais.

Programa do día 10 nos centros

Ademais da celebración do acto central ás 12.00 horas no Colexio de Fonseca, o programa de actividades do 10 de marzo continúa coa segunda edición do mural Homenaxe a Mulleres destacadas no ámbito das RRLL e RRHH que organiza a Facultade de Relacións Laborais, e coa entrega de premios do IX Concurso de TFG sobre Enxeñaría e Muller Rural que se desenvolverá ás 12:30 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Lugo. 

Ese mesmo día a Facultade de Filosofía organiza ás 11.00 horas a procesión performativa con Concepción Arenal ‘Filósofas á rúa’ con lectura do manifesto e a continuación a proxección e cinefórum da película As sufraxistas. Xa o día 11 ás 16.30 horas terá lugar o obradoiro colaborativo de carteis ‘As filósofas que nos fan falla’ que dous días máis tarde se colocarán nas paredes da facultade.

Humanidades e Ilga

Tamén no mes de marzo, a Facultade de Humanidades acollerá o día 17 ás 12.00 horas a charla ‘Páxinas rebeldes: o poder das librarías feministas e a voz das mulleres’ sobre a posta en marcha e xestión dunha libraría feminista, que estará precedida dunha visita guiada polo persoal da Biblioteca Intercentros aos fondos da súa colección de Xénero. Pola súa banda, o Instituto da Lingua Galega da USC desenvolverá o día 27 o segundo faladoiro do seu ciclo de conversas coas mulleres do ILG. Nesta ocasión contarán, ás 12:00 horas na biblioteca, con Alba Aguete Cajiao, profesora axudante doutora da Área de Filoloxía Románica da Universidade de Salamanca e colaboradora no Instituto da Lingua Galega, quen nos falará do seu labor investigador e docente desde a súa perspectiva como muller.

Post navigation

Previous: Teo remata a restauración do cruceiro de San Cristovo de Reis
Next: Padrón xa ten un paseo da Constitución

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.