Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Ciencia e feminino

usc dia da miller na ciencia slide 11 febreiro 2025

Compostela, 11 de febreiro do 2025 – Hoxe celébrase en todo o mundo o Día da Muller e a Nena na Ciencia que busca pór en valor o traballo das mulleres científicas e espertar vocacións entre as futuras xeracións.

Imaxe de Santi Alvite para a USC

A Universidade de Santiago, a USC, o celebrará con distintos actos, sendo o principal unha mesa redonda organizada pola Vicerreitoría de Política Científica e a Delegada do Reitor para Igualdade.

A cita ás 19.00 horas no Salón de Graos Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Seis mulleres que desenvolven a súa carreira profesional na USC relatarán as súas propias experiencias e debaterán sobre a situación actual e as perspectivas de futuro.

Participan a catedrática de Fundamentos de Análises Económica e directora Científica do Centro de Investigación Interuniversitario de Economía e Empresa para a Sociedade (ECOBAS), María Loureiro; a catedrática de Psicoloxía Básica e directora do Instituto de Psicoloxía, Isabel Fraga Carou; a técnica da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento Susana Torrente Vilasanchez; a investigadora Ramon y Cajal na Facultade de Matemáticas Saray Busto Ulloa; a investigadora posdoutoral da Xunta de Galicia no Instituto de Humanidades Alba Moreno Zurita; e a investigadora predoutoral na Facultade de Química Ana Justo Vega. Modera a decana de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón.

Portas abertas no iMATUS

Hoe ademais ten lugar, no Instituto de Materiais da USC (iMATUS), unha xornada de portas abertas na que se presentarán algúns experimentos sinxelos relacionados coas liñas nas que está a traballar o seu persoal investigador. Abertas a todo o público, hai tres sesións dunha duración aproximada de 1 hora.

Masterclass no IGFAE

Tamén un ano máis, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, organiza en Santiago a Masterclass Internacional de física de partículas. Hoxe na Facultade de Matemáticas alumnas de 1º bacharelato de centros educativos de toda Galicia convivirán con investigadoras do IGFAE e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e realizarán unha práctica con datos reais do experimento LHCb.

Trátase de achegar a física ás estudantes preuniversitarias galegas, especialmente en ámbitos moi masculinizados como a física de partículas, onde persiste unha notable fenda de xénero.

Divulgación científica en Ultravioletas

Pola súa banda, a asociación de estudantes Luzada organiza a cuarta edición de ‘Ultravioletas’, centrada nesta ocasión na divulgación científica con perspectiva de Xénero, para o que contan con varias divulgadoras con dilatada experiencia neste campo como Eva Cabanelas Dopazo, Mariamo Mussa Juane ou María Jesús García Guimarey.

As enxeñeiras, protagonistas na ETSE

Esta mesma semana, o venres 14 de febreiro, a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo organiza a actividade ‘Protagonistas, as enxeñeiras’, coa que busca dar visibilidade a referentes femininas no seu ámbito de actuación e dar pulo ás vocacións científicas das nenas e mozas neste eido. Así, co apoio do Concello de Lugo e da Casa da Muller, haberá unha serie de obradoiros sobre temáticas variadas como o voo de drons, ‘Micro-Aliens’ contra as pragas, o esqueleto dos edificios, non malgastedes a auga, variando a velocidade, MITECO: a defensa do monte fronte a incendios ou o desenvolvemento de produtos de madeira estrutural.

Club de lectura na ETSE Xa con carácter atemporal pero enmarcado tamén nas actividades do 11 de febreiro, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría lanza o seu Clube de lectura Enxeñaría e Xénero co obxectivo de promocionar a lectura consciente no ámbito da igualdade. Está conformado polos membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS) con interese na lectura e en compartir opinións sobre as obras propostas pola comisión.

Post navigation

Previous: 68 propostas, 42 locais, 10 rutas… comeza o XVI Santiago(é)Tapas
Next: Rosalía toma Compostela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.