Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Investigadores da USC veñen de descubrir un mineral inédito no mundo

Sempre se di, medio en broma medio en serio, que Galicia está chea de secretos pero a presenza dun mineral nunca antes coñecido é algo inesperado.
usc-descobre-a-ermeloita-6-de-setembro-slide-2022-(1)_r

Compostela, 6 de setembro do 2022 – Sempre se di, medio en broma medio en serio, que Galicia está chea de secretos pero a presenza dun mineral nunca antes coñecido é algo inesperado.

O achado é produto do traballo de campo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela. O mineral foi atopado no Monte Ermelo de Moaña e recibe o nome de ermeloita.

Este mineral non se atopa rexistrado en ningunha base de datos internacional segundo as primeiras análises de difracción de raios X. A ermeloita foi recollida por José Carlos Rodríguez Vázquez, Moisés Núñez e Manuel Cerviño.

As primeiras análises de difracción de raios X de policristal e monocristal, foron realizadas polos técnicos Inés Fernández Cereijo e Guillermo Zaragoza Vérez.

Óscar Lantes Suárez, responsable da Unidade de Arqueometría e Caracterización de Materiais da USC, explica que “En Galicia, descubríronse, ao longo da historia, tres minerais: a morenosita, a cervantita e a bolivarita, todos eles achados na metade do século XIX”.

A ermeloíta pasa a ser o cuarto mineral descuberto en Galicia e xa está oficialmente recoñecido pola International Mineralogical Association (IMA) como nova especie, sendo a súa localidade tipo o Monte Ermelo e o exemplar tipo o analizado dende a USC.

Tras o achado e baixo a sospeita de que se tratase dun novo mineral, o equipo completou as análises con técnicas calorimétricas, espectrometría de fluorescencia de raios X, espectroscopía Raman, ou análise Rietveld, entre outras; alén de realizar unha análise complementaria de elementos químicos (EPMA) en colaboración cos investigadores José González del Tánago e Ramón Jiménez Martínez da Universidade Complutense de Madrid e do Centro Nacional Instituto Geológico y Minero de España -CSIC, respectivamente.

“Este descubrimento ten repercusións históricas por ser tan poucos os minerais que se descubriron dende Galicia e reforza a importancia que teñen as investigacións sistemáticas realizadas no eido da mineraloxía, en especial no contexto xeopolítico actual no que a necesidade de materias primas estratéxicas é crítica”, continúa Lantes Suárez. “Cientificamente, a aparición deste novo mineral supón incrementar a listaxe de minerais descubertos nun contexto planetario e axudará a entender mellor as paraxéneses de minerais pegmatíticos secundarios e as súas condicións de formación”, matiza.

O fragmento atopado é pequeno, polo que resulta complicado inferir posibles aplicacións industriais ou tecnolóxicas, se ben non se descarta que a partir deste descubrimento sexa posible identificar esta especie mineral en ambientes similares noutras formacións xeolóxicas no mundo.

A aparencia do mineral é masiva, microgranular e de ton case branco. Por estas características pasa desapercibido dentro dos corpos pegmatíticos e é facilmente confundible a nivel macroscópico con plaxioclasas ou outros minerais de cores claras. A ermeloíta é un fosfato de aluminio monohidrato, do grupo da Kieserita e que cristaliza como monoclínico C2/c.

Exposición en Fonseca

A área de Infraestruturas de Investigación e o Museo de Historia Natural (MHN) da USC desenvolven investigación mineralóxica desde hai máis de 20 anos estudando as propias coleccións do MHN e a colección científica de minerais da Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT). Parte deste traballo, culmina coa aparición do novo mineral.

Este ano solicitouse ao Consello Social da institución compostelá un proxecto para divulgar ciencia mineralóxica baixo o lema ‘Minerais – ver o invisible’, coordinado por Oscar Lantes Suárez e Marcos Andrés González, director do MHN. 2022 constitúe o Ano Mineralóxico Internacional dedicado a René Haüy, pai da Mineraloxía e a Cristalografía, e o propio Museo conserva a colección orixinal de modelos cristalográficos elaborados por Haüy.

A concesión deste proxecto permitirá realizar entre 2022 e 2023 diferentes obradoiros, charlas, ou visitas de campo. Proximamente comezarán os Obradoiros Mineralóxicos organizados ao abeiro deste proxecto e que terán lugar no Museo de Historia Natural en diferentes sábados pola mañá ao longo dos anos 2022 e 2023. O primeiro obradoiro será ‘As propiedades dos minerais’, impartido polo xeólogo Francisco Canosa.

Ademais, o exemplar tipo da ermeloíta será exposto no verán de 2023, dentro dunha exposición mineralóxica que se levará a cabo no Colexio de Fonseca e, posteriormente, será depositado de forma permanente no Museo de Historia Natural (MHN) da USC, organismo responsable da súa custodia. Na actualizade, dende a Área de Infraestruturas de Investigación e o MHN continúase investigando sobre minerais singulares e especies pouco frecuentes.

Post navigation

Previous: Vivendas de uso Turístico, VUT, o debate do verán
Next: Melide organiza o V Mercado de Época Furelos no 1900

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.