Compostela, 16 de marzo do 2018 – A Universidade de Santiago e a Fundación 10 de marzo conmemorarán esta tarde os 50 anos das mobilizacións estudantís do 68 en Compostela.
O 68 será o protagonista dunha mesa redonda ás 19.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) na que intervirán testemuñas directas daquel movemento reivindicativo, que na USC se adiantaba un par de meses á revolta de maio en París.
Así, xunto co reitor Juan Viaño Rey intervirán o catedrático de Dereito Político da USC no 68, José A. González Casanova; a estudante de Historia da USC no 68, Blanca Caamaño González; o estudante de Matemáticas da USC no 68, Vicente Álvarez Areces; o estudante de Económicas da USC no 68, Emilio Pérez Touriño; e o historiador do 68 na USC, Ricardo Gurriarán Rodríguez.